PERSOEIROS E INTELECTUAIS DO MUNDO RECLAMAN DE OBAMA A LIBERDADE PARA OS CINCO

[P.L] Máis de 500 destacados intelectuais e persoeiros do mundo asinaron unha carta dirixida ao presidente de EE.UU, Barack Obama, para solicitar a inmediata liberdade dos cinco antiterroristas cubanos encarcerados inxustamente nos EE.UU.

A carta foi redactada por intelectuais membros do Capítulo Peruano da Rede de Redes En Defensa da Humanidade e foi referendada a través de Internet polo Premio Nobel de Literatura, Wole Soyinka, Noam Chomsky e Frei Beto, teólogo brasileiro. Tamén asinaron Fatima Cleide, senadora brasileira, Cesar Brito, presidente da Orde de Avogados de Brasil, Danny Rivera, afamado artista portorriqueño, e Jean Marie Binoche, dramaturgo francés, entre outros.

René González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino, Antonio Guerrero e Fernando González son vítimas dunha sentencia moi cruel que inclúe ata dúas cadeas perpetuas, por delitos que non cometeron, sinala o texto.