Xoves, 19 de febreiro ás 20:30 horas na Praza da Peregrina en Pontevedra
A Coordenadora de Pontevedra contra a Guerra (que agrupa diversos organizacións e colectivos sociais da nosa contorna entre os que se atopa o PCPG) convoca para este xoves dia 19 unha concentración de apoio ao pobo palestino coa palabra e sobre todo a poesia como poderoso medio de resistencia e concienciación. É por iso que leremos poemas palestinos de destacados/as escritores/as e resistentes deste pobo tantos anos masacrado por un estado xenocida como é o estado de Israel.
Non é un acto de poetas. Nin de personalidades. É un acto do pobo para o pobo. Non haberá estrado. Será a pé de rúa. Non haberá grandes medios técnicos, apenas humilde megafonía. Non seremos portada nos medios, bastaranos con aqueles viandantes que sintan resoar dentro de si a voz daqueles/as tantas veces silenciados/as.