10 DE MARZO: DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA

[PCPG] Este 10 DE MARZO conmemoramos máis unha vez o Día da Clase Obreira Galega.

Como povo traballador que somos, esta é unha data enormemente simbólica mais tamén ten que ser unha xornada de reivindicación, de loita e de esixencia con nós mesmos.

A lembranza dos compañeiros Daniel e Amador asasinados en Ferrol no ano 72 non pode ficar en simples actos de homenaxe e lembranza nostálxica, nen tampouco como estandarte para uso de organizacións sindicais e políticas.

Hoxe, coma no ano 72, falarmos da situación da clase obreira galega é facelo tamén (37 anos despois daquel feito histórico) en termos "explotación", "desigualdade", "miseria", "emigración forzosa" e "precariedade".

Como estamos a ver, a oligarquía financeira e industrial, a grande patronal non están satisfeitas, non, cos centos de milleiros de millóns de euros que lles dan os gobernos...[Ler máis e ver convocatorias e comunicados da CUT e CIG]