A pesares do “empantanamento electoral” do PP, subiu respecto das anteriores eleccións autonómicas un cativo feixe de votos, o bipartito foi derrotado con contundencia polos seus propios electores que lle deran hai catro anos a posibilidade de constituírse como goberno. Agora lle fan perder en conxunto aproximadamente 120.000 votos e dous deputados; un na circunscrición onde se presentaba o Presidente e outro na do Vicepresidente. ¡¡¡Máis claro auga!!! Cos nosos votos e os nosos devezos non se xoga, dixeron posiblemente sectores da vangarda política dos asalariad@s, sectores da esquerda, que votaron ó PSOE e BNG no ano 2005, “co dedo no nariz”, para botar fora da Xunta a Fraga, diante da ausencia dunha forza política que os representara.. [Ver artigo completo]
AUTONÓMICAS 2009. "GANEN UNS OU OUTROS, SEMPRE PERDEN OS MESMOS"
Polo seu interese e actualidade reproducimos este artigo de análise sobre os últimos comicios autonómicos galegos do pasado 1 de marzo, realizado polo profesor e histórico dirixente comunista lucense [Carlos Dafonte]