A principal linea de debate deuse, até o de agora, encol do documento de principios de acción organizativa: "O PARTIDO QUE QUEREMOS CONSTRUIR". De aquí ao Congreso debateremos, alén do informe político, sobre outros materiais e resolucións que estamos a elaborar para ser tamén debatidos nese importante acto, especialmente un manifesto-proposta de unidade e intervención comunista e para esquerda.
Trátase dun método de debate aprobado pola dirección do PCPG, innovador e audaz, profundamente democrático e aberto á participación de camaradas que, ainda sen ter polo momento militancia no PCPG poden aportar moito para acadar o obxectivo común que perseguimos e precisamos: erguer o referente comunista, de clase e revolucionario, patriótico e internacionalista, fortalecendo-nos primeiramente no orgánico e ideolóxico e ir ao encontro e unidade con outros destacamentos revolucionarios organizados do povo galego.
En definitiva, organizarmo-nos para intervir con moita máis eficacia xunto ao máis consciente da nosa clase nas importantes loitas que se aproximan contra o grande capital e o imperialismo, a prol dos nosos irrenunciábeis intereses e dereitos sociais e nacionais.