Á direita: A filla e neta de Xosé Fandiño descobren emocionadas un retrato de seu pai (foto 2) no Salón de Plenos do Concello
Foto 3 (abaixo). Inauguración e descubrimento da placa Rúa Alcalde Fandiño.
O 14 de Abril, a Vila de Moaña inaugurou unha nova rúa que leva o nome de Xosé Fandiño Pidre, asi coma outros actos, honrando a memoria e o papel que xogou este alcalde da Fronte Popular neste Concello do Morrazo. Xosé Fandiño foi fusilado o 31 de decembro de 1936 xunto cos seus viciños tamén republicanos Jesús Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé e Fernando Lago Lago.
Actos conmemorativos:
Ás 20.30 horas, descubriuse a placa da rúa que leva o seu nome, ubicada na urbanización do Rosal, onde interviu en representación da Sociedade Galega pola República o seu vicepresidente Xosé Collazo Castro, viciño de Moaña e membro do CN do PCPG (Premer aqui para ler a súa intervención completa). Despois, ás 21.00 horas, descubreuse un retrato do ex alcalde no salón de Plenos do Concello e o historiador Xosé Carlos Villaverde, apresentado por X. Collazo imparteu unha conferencia sobre o Alcalde Fandiño.
Para rematar os actos proxectouse o documental: “A guerra dos nosos avós”, do tamén viciño de Moaña Óscar Galansky. [Ler máis]