Nos últimos tempos estanse a dar importantes mobilizacións labregas e obreiras no noso país. As organizacións máis combativas, nomeadamente os sindicatos SLG, CUT e CIG convocan xornadas e accións diversificadas de loita contra a grave crise provocada no sector leiteiro e tamén no metal que afectan a ducias de milleiros de traballadores/as e gandeiros/as galegas/os que padecen no esencial as políticas do Estado Español e da U.E, con imposicións de cuotas e planos aberrantes.
Alén desas imposicións tradicionais de España e a U.E que nos negan como povo e impiden o noso dereito a producir e organizar e planificar a nosa economía está tamén, sen dúbida, a ferocidade do capitalismo e a súa crise, que precariza cada vez máis a vida das nosas clases traballadoras facendo retroceder os nosos dereitos socio-laborais.
No PCPG concordamos coa xusteza e criterios que impulsan estas mobilizacións... [Ler máis]