CUT INFORMA: O CONVENIO DO METAL NO LABIRINTO SINDICAL

folga do metal (...)"demandamos dos sindicatos maioritarios a CONVOCATORIA DE FOLGA EN TODO METAL, INCLUÍDAS AS EMPRESAS CON CONVENIO PROPIO e se non chegara, prever a convocatoria da FOLGA XERAL. O Convenio do Metal, a súa importancia non so polo número de traballadores; por historia, por estratexia,... transcende máis alá do propio sector, é un facho para toda clase traballadora galega".



[C.U.T] Algúns compañeiros lévanse preguntando o porqué do silencio da CUT na última fase da loita do Metal. A CUT estivo calada para non servirlle en bandexa a escusa ós que acostuman a xustificar os seus fracasos a costa dos demais. A responsabilidade e a lexitimación na Mesa Negociadora non é nosa e, aínda coas diferenzas de criterio máis que evidentes, somos respectuosos e non interferimos nin boicoteamos a quen, maioritariamente, os traballadores outorgaron a representación para negociar o Convenio do Metal de Pontevedra... [Ler máis]