Por Dionisio Pereira
Sabíamolo, de seguro que a maioría sospeitabamolo, pero cando esculcamos “a folla de servizos” de Alfonso Sastre, con especial incidencia no do atentado da rúa do Correo no ano 74, e o seguimento especial a Doris Benegas, facendo mención da súa presenza nos funerais de Iosu Muguruza e Santi Brouard, tivémolo claro: estamos todos e todas fichados e vixiados de vello, se cadra dende antes de morrer Franco, e os que “argallaron” a Transición, que decidiron esquecer tantas cousas, para nada se esqueceron dos que adquirimos o virus da rebeldía hai ben tempo, e que, con todas as nosas contradicións, trasacordos e renuncias, aínda o levamos ben dentro logo dunha borrallenta travesía do deserto de máis de 30 anos.
Algúns e algunhas, asemade, teremos un estigma engadido: o de ter compartido, sequera de maneira episódica, o azaroso “devalar” da esquerda abertzale, única forza social de envergadura que, no Estado español, presentou encirrada resistencia ao que Franco atou e ben atou... [Ler máis]