A HISTORIA ESTASE A ESCREBER NAS RÚAS DE VIGO

Manifesto de Solidariedade coa loita dos traballadores/as do metal

Os/as abaixo asinantes consideramos un imperativo ético e social dar todo o apoio solidario á loita dos metalúrxicos de Pontevedra que, xunto cos traballadores e traballadoras doutras empresas radicadas en distintas zonas da Galiza, hoxe simbolizan no noso país a mobilizacion social e obreira contra unha resolución da crise capitalista favorable en exclusiva aos mesmos que a provocaron. A xente do Metal, polos seus métodos democráticos, asemblearios e combativos, sen se dobregar diante dunha Patronal que nos derradeiros anos aproveitou a bonanza económica nun contexto de contínua reducción da capacidade adquisitiva e recorte dos dereitos sociolaborais do persoal asalariado, ven sendo un exemplo para o conxunto da clase traballadora galega, en paralelo ás mobilizacions que están a acontecer en Grecia, Portugal ou na Franza... [Ler máis]