O GOLPE DE ESTADO DE HONDURAS É UNHA AFRONTA CONTRA TODOS OS POVOS

Os presidentes Raúl Castro (Cuba), José Manuel Zelaya(Honduras) e Hugo Chávez (Venezuela)

Intervención do cro. Raúl Castro Ruz, Presidente do Consello de Estado e de Ministros da República de Cuba na sesión extraordinaria da Cimeira do Grupo de Río celebrada en Managua, 29 de xuño de 2009.


A nosa primeira mensaxe ao pobo hondureño é de solidariedade e alento.
Cuba condena enerxicamente o brutal golpe de Estado contra o goberno constitucional de Honduras e o seu lexítimo Presidente e rexeita a criminal ataque á soberanía popular desta nación.

A agresión contra a constitucionalidade política dun país membro ten que ser rexeitada unanimemente e nos termos máis contundentes por parte do Grupo de Río.

Como ben dixo o Presidente Chávez onte á noite, é o momento de actuar consecuentemente e non perder tempo e desenmascarar a aqueles que condenan, mais despois baten palmas por debaixo da mesa, como aconteceu tantas veces na nosa historia común... [Ler máis]
[Máis información da resposta popular en Honduras]