PROLETARIADO GALEGO EN PÉ E "ATÉ A VITORIA, SEMPRE!"

[PCPG. 2-06-09] Rematou a marcha de dous dias á capital do noso país dos traballadores/as do metal.


Na vixésima xornada de folga para este sector, a mobilización contou coa solidariedade do noso povo e mostrou unha moi alta moral de loita dos que foron a Compostela.


Por milleiros, os do Metal ateigaron a capital de Galiza para deixar alto e claro que non se renden, con berros e palabras de orde de firmeza e dignidade, con determinación de vencer. Así marcharon e así entraron os nosos obreiros do metal. Agora foi en Compostela e mañá estarán onde sexa preciso como exemplar vangarda que son da nosa lendaria clase operaria galega... [Ler máis]

[Galeria de imaxes]-C.U.T