25 DE XULLO CON CAUSA GALIZA: "CONTRA A CRISE DO CAPITAL, SOBERANIA NACIONAL"

No próximo Dia da Patria ´2009 Causa Galiza convoca manifestación co lema “Contra a crise do capital, soberania nacional”.




A manifestación nacional unitaria terá saída este sábado 25 de Xullo ás 13:00 horas da Alameda de Compostela.

O Organismo unitario da esquerda soberanista galega completará tamém a xornada con un xantar popular e un programa de actividades culturais, deportivas e políticas no parque de Belvis da Capital de Galiza.

Causa Galiza apresentou este pasado dia 20 no local social A Gentalha do Pichel os actos do Dia da Pátria galega para o vindouro 25 de Xullo. Pedro Alonso, un dos portavoces , informou do manifesto de Causa Galiza para o Dia da Patria deste ano e detallou os actos que se celebrarán nesta data, que esta vez suman á xa tradicional manifestación, a realización dum xantar e actividades moito diversas ao longo de toda a tarde do 25 de Xullo no parque de Belvis . Con Pedro Alonso estiveron outros/as membros/as da Portavocia de Causa Galiza e representantes das seis correntes políticas e partidos que a integran (Espaço Irmandinho, Frente Popular Galega, Corrente Vermella, Movemento pola Base, Nós-Unidade Popular e do Partido Comunista do Povo Galego) así como de diversos colectivos e locais sociais.

O PCPG asume plenamente e facemos noso o chamamento e contidos deste Dia da Patria e as actividades unitarias programadas e facemos un chamamento aos traballadores/as e ao conxunto do povo galego progresista para apoiar o apelo de Causa Galiza. [Ler máis]