ESTE É UN ANO DE ESPECIAL SIGNIFICACIÓN, POR ESTARMOS A CELEBRAR O 50 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN CUBANA E, ALÉN DAS INTERVENCIÓNS DO CÓNSUL XERAL DA REPÚBLICA DE CUBA EN GALIZA: ALEJANDRO FUENTES HERNÁNDEZ E DO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA “FRANCISCO VILLAMIL”: XOSÉ M. VIQUEIRA TERÁ LUGAR TAMÉN UNHA FESTA DE CONVIVIO QUE CONTARÁ CON MUSICA CUBANA E PARTICIPACIÓN DE ARTISTAS DA ILLA, MOJITOS, ETC.
ORGANIZAN:
->A ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA “FCO. VILLAMIL”
->CONSULADO XERAL DE CUBA EN GALIZA
-Como nos anos anteriores, a parte festiva e lúdica deste acto será participativa. Será unha festa de entrada libre, onde os asistentes poden contribuir (se lles apetece) coa súa aportación material levando alimentos e/ou bebidas para compartir entre todos/as.