Polo seu interese reproducimos o seguinte estracto dunha información publicada na páxina web da Rede Galiza Non se Vende despois da violenta e brutal represión da Garda Civil contra o povo de Cangas e, especialmente contra 16 activistas pertencentes a diversos colectivos e á Rede Galiza Non Se Vende, cando se atopaban nas inmediacións das obras que se están a desenvolver na antiga fábrica de Massó. Algúns/as deles/as foron golpeados polas forzas da Garda Civil e posteriormente trasladados a dependencias policiais de Cangas e Pontevedra.
Desde o Partido Comunista do Povo Galego queremos expresar tamén con todas as nosas forzas o repudio por este acto de barbarie realizado polas forzas policiais, ao servizo de intereses económicos mafiosos, e contra os seus colaboradores mediáticos e políticos, así como o incondicional apoio e solidariedade con todas/os compañeiros/as os que sofriron esta vandálica represión por defenderen valerosamente a nosa Terra e o noso Mar. Defender a Terra non é delito!!.
(...) Galiza Non Se Vende
Hai escasos días o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel apoiaba en Cangas a loita dos nosos compañeiros e denunciaba o papel do gran capital en conflitos como o que está a acontecer en Cangas “porque moitas veces priviléxiase ao capital financeiro sobre a vida do pobo”. En opinión do Premio Nóbel “Estamos nun pequeno planeta, a nosa única casa”, dixo para argumentar a defensa do medio ambiente mundial. “Aquí non hai fronteiras para apoiar as causas xustas”, engadiu. [Ler máis]