MÁIS DE 2000 GALEGOS E GALEGAS SAIMOS Á RÚA EN DEFENSA DA REVOLUCIÓN CUBANA

Como ben din moitas informacións, as frases berro en alto de : “Cuba Socialista, Galiza tamén!”, Obama, atende: Cuba non se vende!, Europa, aprende: Cuba non se vende!, "Televisión, manipulación!" e "Raul, seguro, ao ianque dálle duro!" fóron as palabras de orde que mellor sintetizaron o sentir das e dos miles de manifestantes que este domingo dia 18 de Abril, marcharon polas rúas de Santiago de Compostela, capital de Galiza.

A manifestación, convocada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” foi precedida dun grande traballo previo no que participamos ducias de militantes internacionalistas galegos e galegas mobilizadas contra o bloqueo e contra a farsa informativa que tratan de impoñer os medios de manipulación da burguesia e do imperialismo.

Unha grande bandeira cubana foi portada e acompañada por militantes do Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) e por outros/as amigos e camaradas galegos e galegas. [Ler máis]

15 de Abril no Revolta de Vigo: NOVO ACTO DE SOLIDARIEDADE CON CUBA

Ao acto que se vai realizar en Vigo no Centro Social Faísca, o próximo venres 16, no que falará o dirixente cubano Pedro Trigo, súmase o que mañá mércores dia 15 de Abril terá lugar ás 8:30 da tarde en solidariedade con Cuba no Centro Social Revolta.



Primeiramente terá lugar unha proxección do documentario: "A solidariedade internacional" que resume, con unha alta porcentaxe de imaxes inéditas a colaboura civil e militar que Cuba levou á práctica durante máis de catro décadas en decenas de países de Asia, África e América. Despois, a seguir, terá lugar unha charla onde o compañeiro Iñaqui Solla Covelo, da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" sobre a solidariedade galega coa Revolución Cubana que, nestes momentos, está realizando un labor intenso para denunciar contrarestar a suxa e farsante trama desinformativa impulsada pola prensa burguesa, que vai culminar este domingo próximo, 18 de Abril, con unha manifestación unitaria de solidariedade con Cuba na capital de Galiza ás 12:30 desde a Alameda Central de Santiago de Compostela.
--C.S.Revolta ás 8:30 do serán. Rúa Real, 32 - Vigo

16 DE ABRIL en VIGO: "MOMENTOS DA HISTORIA DA REVOLUCIÓN CUBANA"

Nos próximos dias terá lugar un importante acto de esclarecemento e solidariedade con Cuba.

Unha actividade máis entre as que se están a organizar para amosar a solidariedade coa Revolución Cubana en toda Galiza e que terá a súa culminación coa Manifestación de Solidariedade con Cuba do próximo domingo 18 de Abril.

Co título de "Momentos da historia da Revolución Cubana", falará Pedro Trigo López, histórico revolucionario galego-cubano e un dos fundadores do "Movimento 26 de Julio", que participou no asalto ao Cuartel Moncada en Santiago de Cuba, que fora comandado por Fidel Castro o 26 de Xullo de 1953.

Este acto celébrase tamén un 16 de Abril, nunha data na que en 1961 a marina de Guerra, avións militares dos EE.UU, xunto con tropas mercenarias comezaron a invasión de Cuba por Praia Girón (Bahia de Cochinos) , unha agresión que seria derrotada polo povo revolucionario de Cuba, ao mando do seu Comandante Fidel Castro Ruz.

--Venres/6ª dia 16, ás 8 da tarde
--Local Social Faísca de Vigo (rúa Toledo nº 9, tras a Igrexa dos Picos)

Organizan:
Partido Comunista do Povo Galego (PCPG); L.S Faísca; Ateneo Proletario Galego e a Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil"

A Solidariedade con Cuba en Compostela defende o Consulado de Cuba dun grupo de "gusanos" e provocadores

De Diário da Liberdade
[DL] - Vizinhos e vizinhas de Compostela concentrárom-se às portas do Consulado da República de Cuba na capital galega em resposta à chegada de um grupo de provocadores contra-revolucionários que se aproximárom de maneira organizada e ameaçadora à sede diplomática.


Os provocadores, de nacionalidade cubana, actuárom coordenadamente obedecendo as instruçons de um elemento, coreando palavras de ordem pró-capitalistas e contra o socialismo... [Ler máis]

PAREMOS A FARSA MEDIÁTICA CONTRA CUBA

DEFENDER A REVOLUCIÓN CUBANA É DEFENDER OS DEREITOS HUMANOS!!

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SOLIDARIEDADE CON CUBA SOCIALISTA NA ALAMEDA DE COMPOSTELA
--> 18 DE ABRIL ÁS 12:30HS.



Convoca: Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil"

"Unha campaña mediática de condena a Cuba estase desenvolvendo tras a morte en folga de fame do preso Orlando Zapata. Con todo, as voces que se alzan contra Cuba abstéñense de denunciar os innumerables casos de gravísimas violacións dos dereitos humanos cometidas polos estados europeos, tanto historicamente como na actualidade... [Ler máis]

"DEFENDEREMOS A VERDADE COA NOSA MORAL E OS NOSOS PRINCIPIOS"

EDITORIAL (Granma en Português)

O império e seus aliados embarcaram numa nova cruzada para tentar demonizar Cuba. Sua poderosa maquinaria política e da mídia pôs em andamento uma colossal operação de engano com o objetivo de desacreditar o processo revolucionário, desestabilizar o país e criar as condições para a destruição do nosso sistema social. [Ler máis]

[Premer na imáxe para ler editorial do Granma]