Ao acto que se vai realizar en Vigo no Centro Social Faísca, o próximo venres 16, no que falará o dirixente cubano Pedro Trigo, súmase o que mañá mércores dia 15 de Abril terá lugar ás 8:30 da tarde en solidariedade con Cuba no Centro Social Revolta.
Primeiramente terá lugar unha proxección do documentario: "A solidariedade internacional" que resume, con unha alta porcentaxe de imaxes inéditas a colaboura civil e militar que Cuba levou á práctica durante máis de catro décadas en decenas de países de Asia, África e América. Despois, a seguir, terá lugar unha charla onde o compañeiro Iñaqui Solla Covelo, da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" sobre a solidariedade galega coa Revolución Cubana que, nestes momentos, está realizando un labor intenso para denunciar contrarestar a suxa e farsante trama desinformativa impulsada pola prensa burguesa, que vai culminar este domingo próximo, 18 de Abril, con unha manifestación unitaria de solidariedade con Cuba na capital de Galiza ás 12:30 desde a Alameda Central de Santiago de Compostela.
--C.S.Revolta ás 8:30 do serán. Rúa Real, 32 - Vigo