16 DE ABRIL en VIGO: "MOMENTOS DA HISTORIA DA REVOLUCIÓN CUBANA"

Nos próximos dias terá lugar un importante acto de esclarecemento e solidariedade con Cuba.

Unha actividade máis entre as que se están a organizar para amosar a solidariedade coa Revolución Cubana en toda Galiza e que terá a súa culminación coa Manifestación de Solidariedade con Cuba do próximo domingo 18 de Abril.

Co título de "Momentos da historia da Revolución Cubana", falará Pedro Trigo López, histórico revolucionario galego-cubano e un dos fundadores do "Movimento 26 de Julio", que participou no asalto ao Cuartel Moncada en Santiago de Cuba, que fora comandado por Fidel Castro o 26 de Xullo de 1953.

Este acto celébrase tamén un 16 de Abril, nunha data na que en 1961 a marina de Guerra, avións militares dos EE.UU, xunto con tropas mercenarias comezaron a invasión de Cuba por Praia Girón (Bahia de Cochinos) , unha agresión que seria derrotada polo povo revolucionario de Cuba, ao mando do seu Comandante Fidel Castro Ruz.

--Venres/6ª dia 16, ás 8 da tarde
--Local Social Faísca de Vigo (rúa Toledo nº 9, tras a Igrexa dos Picos)

Organizan:
Partido Comunista do Povo Galego (PCPG); L.S Faísca; Ateneo Proletario Galego e a Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil"