SOLIDARIEDADE CON MIGUEL NICOLÁS APARICIO

En dias pasados, foi ingresado na prisión de A Lama-Pontevedra un mozo vigués, Miguel Nicolás Aparicio, acusado de sabotaxe contra umha sucursal do INEM-DESEMPREGO, tamén de Vigo.
Desde entón, os medios de comunicación están a facer o seu labor de intoxicación sen miramentos, como nos tenhen acostumados, vulnerando direitos e presunción de inocencia e sinalando ao camarada Miguel, afiliado e activo militante da CUT e en Vigo, como responsábel desta e doutras accións acontecidas na bisbarra de Vigo no último ano.
"Nin segredo do sumario" nen outro outro tipo de disimulos, o chamado concepto do "Estado de Direito" seica non é para estes casos. A intención é criminalizar como sexa e meter medo para evitar o contaxio de accións semelhantes. Pero que se cré esta xuventude?!... Que en Galiza hai 250.000 desempregados, centos de miles de sub-empregados ou precários e outros tantos milleiros de emigrantes dos que máis da metade son xóvenes?..E quen lle ten a culpa diso?. A quen se lle ocorre pensar que os nosos problemas son responsabilidade dos mandamaises, patróns-emprendedores, INEM, governantes ou parlamentos?, hai que estar "ghillado" para non darse conta que no queda outra que a resignación, a submisión e a mansedume..
Eles xa condenaron a Miguel e dalles igual que sexa inocente ou culpábel, por que hai que dar un escarmento.
Pois ben, como din algumhas notas publicadas pola solidariedade posta en marcha, a nós tamén nos dá igual. Se é inocente ofrecemos a nosa solidariedade e senón o é, o noso apoio e solidariedade con máis razón.
A luita para resistir a ofensiva do capital e conquistar direitos é, como foi sempre, o único camiño
Adiante a nosa solidariedade co camarada Miguel!
Comité Nacional do PCPG
23 de Decembro de 2010.