A CAMPAÑA DE SOLIDARIEDADE COS CINCO PARA 2011 REINÍCIASE NO GROVE

O sábado pasado, dia 12, no Concello do Grove tivo lugar un novo acto se solidariedade con Cuba centrado especialmente no caso dos cinco patriotas e revolucionarios cubanos presos inxustamente nos cárceres de EE.UU desde fai 12 anos.
Previamente tivo lugar unha recepción oficial presidida polo Alcalde desta Vila aos representantes de Cuba en Galiza, Cónsules Alejandro Fuentes Hernández e Dick Hernández Falcón, no salón de plenos do Concello. No acto participaron tamén os compañeiros/as Gustavo Luca e Xosé Collazo, en nome da directiva da Asociación organizadora do evento (Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”) e outros viciños do Concello, así como camaradas do PCPG, entre os que se atopaba Rubén Fernández e o principal organizador, camarada Xosé Meis Garcia. Tamén se achegou o Cónsul de Filipinas en Galiza Elias Lamelas.
Despois, a partires das 19: 30 realizouse o acto central desta importante xornada, coa que reiniciamos neste ano 2011 a campaña de solidariedade cos Cinco en Galiza, co acto celebrado no Pub “Small”, no que falaron diante dun público participativo que encheu completamente o local, o Cónsul Xeral de Cuba Dr. Alejandro Fuentes e o compañeiro da directiva da “Francisco Villamil”, o escritor e xornalista Gustavo Luca de Tena. Hai que reseñar tamén que a este segundo acto asistiu tamén o presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", Valentin Alvite e outros/as compañeiros e compañeiras, e a Cónsul da República Bolivariana de Venezuela en Galiza, Mónica Chacín.



Ao finalizar a charla todos os asistentes ao evento puideron gozar dunha pequena festa con mojitos e música cubana.

12-FEVEREIRO: ACTO DE SOLIDARIEDADE COS CINCO, NO GROVE

Este próximo sábado dia 12 de fevereiro ás 7:30 hs da tarde reiniciamos en Galiza umha nova campanha de solidariedade cos Cinco heroes cubanos presos inxustamente nos cárceres de EE.UU.
O acto será na vila marinheira arousá do Grove. No pub SMALL, rúa Pombal, 7.
Falarán: Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza e Gustavo Luca de Tena, xornalista, escritor e membro da directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil".
Despois do remate terá lugar umha pequena festa galego-cubana.
Previamente a estes actos terá lugar umha recepción ao Cónsul de Cuba no Concello desta Vila

O PCPG SOLIDARÍZASE COS COMPANHEIROS AURELIO LÓPES E IUSSA PRADO E CHAMA Á MANIFESTARSE DIANTE DOS XULGADOS DE VIGO, EN SOLIDARIEDADE CON ELES

Nos próximos dias 3 e 4 de Fevereiro (xoves e venres) terá lugar un xuízo contra os compañeiros Aurelio Lópes na actualidade un dos portavoces nacionais de Causa Galiza e Iussa Prado, militante de Adiante e da CUT por se mobilizar xunto con outras varias ducias de persoas (na súa mayoría mozos e mozas) no ano 2008 en defensa da lingua galega, sendo imputados falsamente de “agresión a la autoridad” cando se manifestaban lexitimamente contra un acto da organización espanholeira e fascista Galiza Bilingüe.

A versión policial recolhe algo completamente falso e recorre a acusacións fora de toda realidade que só persiguen a incriminación e culpabilización legal destes dous companheiros, sen apresentar calquera tipo de prova ou indício que fundamente as acusación. Para eles, o xuiz pide 5 anos e 3 anos e medio.
Desde o Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) queremos denunciar con todas as nosas forzas este novo ataque que vimos de receber; que se fai coa vontade de escarmentar e castigar exemplarmente a rebeldía e dignidade da nosa mocidade que defende a nosa lingua nacional, tentando por outra banda reprimir, rachar, silenciar e invisibilizar este movemento a prol do noso idioma, que lhes resulta ingrato aos que pretenden impor os seus propósitos cavernarios, fascistas e asimiladores.

O PCPG (Partido Comunista do Povo Galego) denuncia esta nova acción de represión coacción e violacións dos noso dereito mais elemental a defender a nosa lingua, a da inmensa maioría do noso povo, e animamos a participar na concentracións convocada ás portas dos Xulgados do Penal de Vigo, na Rúa Lalín do bairro de Coia, este xoves e venres dias 3 e 4, ás 9.30 da mañá en solidariedade con estes compañeiros, o que é o mesmo que defender a nosa lingua nacional, a do povo trabalhador, así como a denunciar con forza as repetidas e brutais manobras e insidias protagonizadas como sempre desde o Reino de España por medio das súas forzas represivas, xudiciais e tamén cos seus aparellos manipuladores de propaganda con suporte nos medios de manipulación burgueses.

Non están tentando de reprimir, tan só, a digna loita e acción resolta destes xóvens compañeiros se non todo o que eles por todos nós representan nestes intres: tentan atemorizarnos e disuadirmos de nos mobilizar contra as contínuas agresións e o permanente aldraxe que representan as organizacións espanholistas e as forzas máis reaccionarias para xustificar e lexitimar a súa vixente ofensiva asimiladora e uniformizadora e toda a represión que poidan contra a nosa lingua, cultura e a identidade nacional do noso povo.
Comité Nacional do Partido Comunistra do Povo Galego
Galiza, 2 de Febreiro de 2011