Nos próximos dias 3 e 4 de Fevereiro (xoves e venres) terá lugar un xuízo contra os compañeiros Aurelio Lópes na actualidade un dos portavoces nacionais de Causa Galiza e Iussa Prado, militante de Adiante e da CUT por se mobilizar xunto con outras varias ducias de persoas (na súa mayoría mozos e mozas) no ano 2008 en defensa da lingua galega, sendo imputados falsamente de “agresión a la autoridad” cando se manifestaban lexitimamente contra un acto da organización espanholeira e fascista Galiza Bilingüe.
A versión policial recolhe algo completamente falso e recorre a acusacións fora de toda realidade que só persiguen a incriminación e culpabilización legal destes dous companheiros, sen apresentar calquera tipo de prova ou indício que fundamente as acusación. Para eles, o xuiz pide 5 anos e 3 anos e medio.
Desde o Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) queremos denunciar con todas as nosas forzas este novo ataque que vimos de receber; que se fai coa vontade de escarmentar e castigar exemplarmente a rebeldía e dignidade da nosa mocidade que defende a nosa lingua nacional, tentando por outra banda reprimir, rachar, silenciar e invisibilizar este movemento a prol do noso idioma, que lhes resulta ingrato aos que pretenden impor os seus propósitos cavernarios, fascistas e asimiladores.
O PCPG (Partido Comunista do Povo Galego) denuncia esta nova acción de represión coacción e violacións dos noso dereito mais elemental a defender a nosa lingua, a da inmensa maioría do noso povo, e animamos a participar na concentracións convocada ás portas dos Xulgados do Penal de Vigo, na Rúa Lalín do bairro de Coia, este xoves e venres dias 3 e 4, ás 9.30 da mañá en solidariedade con estes compañeiros, o que é o mesmo que defender a nosa lingua nacional, a do povo trabalhador, así como a denunciar con forza as repetidas e brutais manobras e insidias protagonizadas como sempre desde o Reino de España por medio das súas forzas represivas, xudiciais e tamén cos seus aparellos manipuladores de propaganda con suporte nos medios de manipulación burgueses.
Non están tentando de reprimir, tan só, a digna loita e acción resolta destes xóvens compañeiros se non todo o que eles por todos nós representan nestes intres: tentan atemorizarnos e disuadirmos de nos mobilizar contra as contínuas agresións e o permanente aldraxe que representan as organizacións espanholistas e as forzas máis reaccionarias para xustificar e lexitimar a súa vixente ofensiva asimiladora e uniformizadora e toda a represión que poidan contra a nosa lingua, cultura e a identidade nacional do noso povo.
Comité Nacional do Partido Comunistra do Povo Galego
Galiza, 2 de Febreiro de 2011
Galiza, 2 de Febreiro de 2011