Este próximo sábado dia 12 de fevereiro ás 7:30 hs da tarde reiniciamos en Galiza umha nova campanha de solidariedade cos Cinco heroes cubanos presos inxustamente nos cárceres de EE.UU.O acto será na vila marinheira arousá do Grove. No pub SMALL, rúa Pombal, 7.
Falarán: Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza e Gustavo Luca de Tena, xornalista, escritor e membro da directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil".
Despois do remate terá lugar umha pequena festa galego-cubana.
Previamente a estes actos terá lugar umha recepción ao Cónsul de Cuba no Concello desta Vila
