Sábado 13 de Agosto: Acto en Vigo polo 85 aniversario de Fidel Castro

O próximo Sábado, 13 de Agosto ás 20:00 hs terá lugar un acto de homenaxe a Fidel Castro Ruz, líder histórico da Revolución Cubana que, nese dia celebra o 85 aniversario do seu nacemento. Vai ser na Escola Popular Galega, na Rúa Real, 12 (res do chao). Vigo - Galiza e nel falará: Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza.

Organizan: Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) e o Ateneu Proletário Galego (APG).
Colaboran: Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" e os Centros Sociais: Faísca, Bou Eva e Revolta.

.."Ante a data próxima do teu 85 aniversario, os e as galegas/os que loitamos por un mundo melhor e máis xusto queremos saudarte do melhor xeito que sabemos e podemos: Para nós, celebrar esta data vai ser umha maneira de expresar o noso reconhecimento, gratitude e admiración coa túa inigualábel traxectoria, extensivo á túa obra, a Revolución Cubana, que despois de 52 anos segue firme á vangarda dos povos do mundo no caminho certo da emancipación social e a liberación nacional, na construción do socialismo"..