JOSÉ SILVA MARTÍNEZ

JOSÉ SILVA MARTÍNEZ. DIRIXENTE COMUNISTA GALEGO.
Breve biografía e 3 fragmentos dun artigo seu en 1932:

Naceu en Santiago de Compostela-Galiza en 1890 e finou en Venezuela no 1949. Dirixente histórico obreiro e comunista galego. Canteiro e director do semanario “La Lucha Social” de Compostela en 1919; presidente da Sociedade de Canteiros de Compostela en 1922. Secretario Xeral do PC en Galiza e reorganizador da Federación Comunista Galega en 1930. Candidato comunista en febreiro de1931 por Pontevedra (aparecia nas listas como perseguido político). Chegou a ser membro da dirección executiva do PCE sendo elixido como Secretario de Axitación e Propaganda do “Buró Político do CC” no seu IV Congreso celebrado en Sevilla no 1932.

Do artigo “A REVOLUCIÓN E O MOVIMENTO NACIONALISTA” (fragmentos):

-“A explotación capitalista non produce unicamente loita de clases, senón que tamén existe un conflicto constante entre os estados imperialistas e os povos sometidos, elemento este, que os comunistas temos que ter en conta como un FACTOR IMPORTANTÍSIMO DA REVOLUCIÓN PROLETÁRIA”..

-“Umha contradicción que non existe somente entre metrópoles e colonias, senón que (nos estados constituidos) tamén se detecta co levantamento das minorías nacionais, reclamando a independencia económica e cultural e en moitos casos a separación do Estado Central” (como é o caso dentro do actual Estado Español).

-Neste artigo, José Silva insistia na “grande incomprensión que existía sobre o problema nacionalista” entre moitos comunistas que no ámbito do estado afirmaban que tal asunto era "artificial" e acrescentaba tamén este importante dirixente: “Debemos combater implacablemente, facendo comprender a todos os camaradas a necesidade de loitar ao lado das masas nacionalistas de “Vasconia, Galiza e Catalunya pola súa independencia. Ponerse frente á política do Partido negando a existencia do movimento nacionalista é voltar as costas á realidade”.

Publicado en “Bolchevismo”. Revista teórica do PCE-Seccíón da IC. 11 de Marzo de 1932.Publicado no libro: Historia do PC en Galiza, de Victor Manuel Santidrián-Edicións do Castro
Ver tamén en: Páxina do PCPG en facebook