Festexamos un ano máis o Triunfo da Revolución Cubana


Convocados polo Consulado Xeral de Cuba no noso país e pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, o 17 de decembro máis de 150 persoas entre cubanos residentes e amigos galegos nos congregamos para conmemorar un novo aniversario do triunfo da Revolución cubana.
No acto, que comezou coas notas do noso Himno Nacional e do Himno cubano, fíxose entrega á Asociación “Francisco Villamil” dun cadro coa efixie e unha frase de Fidel Castro, líder histórico da Revolución cubana, como recoñecemento á solidariedade demostrada cara ao noso povo durante moitos anos. O texto deste cadro donado polo Cónsul Xeral é: “....Milito en el grupo de los impacientes y milito en el bando de los apurados y en el de los que siempre presionan para que las cosas se hagan y de los que muchas veces tratan de hacer más de lo que pueden. Haga cada cual la parte que le toca y la obra será invencible. Fidel Castro Ruz".
Despois dos discursos de Valentín Alvite, Presidente da "Villamil", e Alejandro Fuentes, Cónsul Xeral de Cuba, nos que se resaltaron os logros da Revolución e os retos que enfronta na actualidade e se demandou o fin do bloqueo e a liberación dos Cinco cubanos inxustamente detidos nos Estados Unidos por loitar contra o terrorismo, os asistentes confraternizaron acompañados con mojitos cubanos, viño galego e música cubana gravada e cantada por artistas cubanos asistentes.
Contouse co respaldo profesional en audio e música gravada do cidadán cubano Pedro Enrique Domínguez.
Ver a información na páxina da Embaixada de Cuba no Estado Español:  Enlace coa información 

RESEÑA DO ACTO: "A CAÍDA DA URSS, 20 ANOS DESPOIS"

 








Na foto: 
Eduardo Rico e Xurxo Rodriguez

Celebrouse en Compostela o acto: "A CAÍDA DA URSS, 20 ANOS DESPOIS", no que interviron o xornalista XURXO RODRÍGUEZ que o fixo como presentador e moderador do acto e EDUARDO RICO, profesor de Historia Contemporánea da USC. 
Como dixemos no anuncio publicado anteriormente, un acto que concitaba o noso especial interese, tanto pola importancia do tema, como polas dúas persoas que o conduciron..
Ler máis e VER VIDEO DO ACTO (59 minutos)

Sábado 17 de decembro: conmemoramos o 53 aniversario da Revolución Cubana

A Asociación de Amizade Galego–Cubana "Francisco Villamil e o Consulado Xeral de Cuba en Galiza organizan CELEBRACIÓN DO 53º ANIVERSARIO DO TRIUNFO DA REVOLUCIÓN CUBANA.
O acto será neste próximo sábado 17 de decembro no local sócio-cultural do Castiñeirinho, SANTIAGO DE COMPOSTELA, a partir das 19:30 horas.
(Rotonda do Castiñeiriño, na estrada de Santiago-Ourense)


Durante a homenaxe, Alejandro Fuentes Hernández, cónsul xeral da República de Cuba no noso país, dirixirá umhas palavras a todos os amigos e amigas de Cuba presentes nesta xornada festiva e conmemorativa dumha das revolucións mais importantes e heroicas da historia da humanidade.As dúas entidades organizadoras garanten música, mojitos e petiscos, para o que convidan a que todas as persoas que quixeran asistir leven algo de petiscos ou bebidas diferentes para contribuir o convívio. Como din os amigos e amigas cubanas: Unha festa de "traje".. : "yo traje, tu trajiste, el trajo..". Alí estaremos.

ESTE DOMINGO, A SOLIDARIEDADE GALEGA MANIFESTASE EN COMPOSTELA




En resposta ao último operativo represivo desenvolvido na Nossa Terra, en solidariedade cos e coas detidas, en apoio aos presos e às presas, o organismo popular anti-represivo CEIVAR fai un chamamento a todas as persoas e colectivos solidários galegos a se mobilizar este Domingo dia 11 de Decembro, ás 12:00 na compostelana Praza do Toural.
Para expresar a nosa vontade firme de continuar a trabalhar dia a dia por esa Galiza libre e rebelde que queren encarcerar. Liberdade para os presos e presas!.
Tod@s a Compostela!.    WWW:: http://www.ceivar.org

ISTO É CUBA: SOCIALISMO E DIREITOS HUMANOS

ISTO É CUBA: SOCIALISMO E DIREITOS HUMANOS
[Artigo ENRIQUE UBIETA publicado no Granma-Cuba]

Fai uns días narraba no meu blogue persoal unha vivencia simple e conmovedora. Eran perto das seis da tarde. A dobre paso, como adoito camiñar, cruzaba a última esquina do Capitolio, fronte aos restos do Teatro Campoamor - ou Teatro Capitolio, como di un letreiro na súa parte superior-, cando vin a un home que xacía inconsciente no chan. É un borracho, pensei, e dispúxenme a seguir. Mais ao seu lado outro home, desaliñado, suxo, que quizais tamén regresaba como eu da súa xornada laboral, repetía angustiado: parece un ataque de hipoglicemia...  Ler máis

Dia 12 ás 19:30 en Compostela: "A CAÍDA DA URSS. 20 ANOS DESPOIS"

Recibimos esta comunicación que difundimos polo interese do tema e polos ponentes que van disertar, dous compañeiros e camaradas moi prezados para nós polo seu compromiso militante de décadas a prol do povo galego, xa desde a clandestinidade, e polo seu importante e relevante papel na criación e impulso do PCPG:
"A GALERIA SARGADELOS ten o pracer de convidalo á conferencia
A CAÍDA DA URSS. 20 ANOS DESPOIS
que terá lugar o vindeiro luns día 12 de decembro ás 19.30 horas
na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 16)
O acto contará coas intervencións de EDUARDO RICO, profesor de Historia Contemporánea da USC, e do xornalista XURXO RODRIGUEZ.". O acto ten o contributo organizativo do colectivo "Erich Hónnecker" de S. de Compostela

Intervención de Ângelo Alves en nome do PCP no 13º Encontro de Partidos Comunistas e Obreiros


13º ENCONTRO INTERNACIONAL DE PARTIDOS COMUNISTAS E OBREIROS. Atenas, 9, 10 e 11 de Dezembro de 2011

"Camaradas:

A nossa primeira palavra é de solidariedade para com os comunistas e os trabalhadores da Grécia e para a sua persistente e corajosa luta. A sua luta é a nossa luta. Desejamos-lhes os melhores sucessos.

Saudamos igualmente os partidos aqui presentes e confirmamos o profundo empenho do PCP em contribuir para o reforço do processo dos Encontros de Partidos Comunistas e Operários valorizando o muito que nos une na luta contra o capital, pelo progresso social, a paz e o socialismo, não obstante a variedade de situações e experiências e diferenças de opinião.  Ler máis:

PROGRAMA DOS ACTOS DO 5 E 6 DE DECEMBRO QUE ORGANIZA CAUSA GALIZA


Programación dos actos do 5 e 6 de Decembro en Ferrol

Un ano máis, Causa Galiza mobilizarase para expresar o rexeitamento do actual cadro xurídico-político imposto en Galiza entre 1978 e 1981 e reividicar un novo marco de soberanía política e económica para a Galiza. 
manifestación nacional que celebramos anualmente desde 2007 celebrarase nesta ocasión na cidade de Ferrol, coincidindo cun progresivo agravamento da crise socioeconómica en que está imerso o País e defendendo alternativas estratéxicas frente á situación.
A programación do 6D de 2011 desenvolverase nesta edición coas seguintes actividades:
Luns/Segunda-feira, 5 de decembro
16:00 Aberto de Billarda no lugar de Bertón
18:00 Merenda popular: chourizos e lacón
21:00 Concerto cos grupos Nhió! e Castomä (esta última actuación foi suspendida)
A entrada é a 3€. O local é o Bar Chimarrao e encóntrase em Sartaña, 21
Martes/Terza-feira, 6 de decembro
12:00 MANIFESTACIÓN NACIONAL
Saída ás 12:00 h. da Praza do Hino Galego e remate no Cantón
Actuación de Míni e Mero
Intervencións políticas de Joám Lopes, Xesús Pintos e Laura Bugalho.
O acto rematará co canto do noso hino nacional tocado polo gaiteiro Vítor Agulhó.

PAREMOS AO CAPITAL, A REPRESIÓN E O AVANCE DO FASCISMO


Nos últimos dias unha nova operación do E. Español desatouse en toda Galiza contra persoas, colectivos e centros sociais galegos. Ate o dagora 6 compañeiros e compañeiras independentistas foron detidos/as en Vigo , Lugo e Compostela e trasladados, en aplicación da chamada lei anti-terrorista á Audiencia Nacional en Madrid, onde agora están completamente incomunicados.
Sen que exista ninguna acusación fundada nen garantia dos elementais direitos de presunción de inocencia, os responsábeis e colaboradores desta operación proceden como era de supoñer, como neles é propio ou teñen evidenciado en situacións anteriores: realizando espectaculares montaxes mediáticas e para-policiais e de linchamento público, utilizando os medios de desinformación burgueses para amedrentar, intoxicar e acusar de presuntas actividades “terroristas”.
Diante desta manobra de persecución que se desenvolve contra persoas e colectivos, os comunistas galegos e galegas, que por estarmos na loita coñecemos a traxectoria militante e consecuente dos e das compañeiras agora detidos, queremos rexeitar con firmeza esta nova operación dos que din chamarse “demócratas” e “respetuosos” coas normas legais, mais unha vez reproducidas e amplificadas desde a totalidade da prensa burguesa e manipuladora.
O PCPG considera que esta operación represiva, precedida por unha campaña de asedio contra organizacións e movimentos populares (especialmente centros sociais) artellada polos sectores máis cavernarios da reacción, forma parte dun plan de atemorización que se desenvolve contra colectivos insubmisos ou rebeldes, contra mozos e mozas que non recúan ante os plans da oligarquía que nos asoballa.
Os compañeiros e compañeiras agora perseguidos forman parte do grande activo de loitadores e loitadoras do noso povo cos que coincidimos en proxectos e frontes de loita e movementos populares que compartimos. En consecuencia queremos expresar desde aquí, con meridiana claridade, que non imos a recuar diante destes operativos do réxime imperialista español nin declinar da nosas obrigas revolucionarias, nacionais e de clase ao servizo da Soberanía Nacional de Galiza e do noso povo traballador.
Queremos expresar tamén a nosa solidariedade mais fraterna cos seus familiares,  amigos e achegados/as, entre os que nos consideramos, e a nosa disponiblidade para todo o apoio moral e material que estea da nosa man e ao noso alcance
É preciso trabar esta nova ofensiva contra a dignidade e rebeldía coa que se expresa a organización crecente da mocidade e a clase obreira galega, así como contra as incesantes agresións que sofrimos (do que é mostra a criminalización destes mozos e mozas independentistas).
Os e as comunistas do Partido Comunista do Povo Galego consideran preciso expresarmos a nosa condena máis enérxica chamando á solidariedade máis incondicional con todos os que sofren linchamiento, violación e maltrato polos poderosos aparellos do sistema; con todos os que son conducidos ao cárcere, por defenderen liberdades e dereitos irrenunciabeis sociais e nacionais.
Manifestémonos en solidariedade e apoio aos detid@s e represaliad@s!
CONTRA O GRANDE CAPITAL E A REPRESIÓN. TOD@S À RUA!
Galiza, 3 de Decembro de 2011