"Non á incineradora do Irixo. "o povo decide!!'

Milleiros de persoas (máis de 7.000 - segundo datos da organización) clamaron na Praza Maior de O Carballiño contra a instalación da planta de incineración de lixos no Irixo.

Deste xeito, a protesta, á que se uniron ducias de colectivos e organizacións e plataformas de carácter social, político, ecolóxico de toda Galiza, esixiu unanimente da Xunta do PP-Feijoo que dea marcha atrás na súa decisión.
"NON SOMOS ULTÍMA MERDA"
A multitudinaria marcha transcorreu con berros de 'Incineradora non!!', á vez que se podían ler faixas e pancartas como 'Carballiño non é Sogama II!!' ou "o povo decide!!', ata chegar ao momento de partida na Praza Maior, onde Marta Neira, da 'Plataforma de Incineradora non Irixo non' avogou por levar as voces de protesta "a Compostela e a Madrid. E esta é unha demostración de que non somos a última merda que fica en Ourense", deste xeito agradeceu ás súas veciños Marta Neira a presenza na multitudinaria protesta.
DECISION "REVOCABEL"
Pola súa banda, o portavoz da plataforma da coordinadora vecinal de O Irixo, Alberto González, advertiu de que "a decisión pode estar tomada mais é totalmente revocabel" e que temos que impedir este proxecto que mesmo se quere realizar nunha zona de grande valor ecolóxico e arqueolóxico.
"O noso povo e toda Galiza está en contra de que desde as institucións se manipule aos pequenos lugares para aproveitarse deles" e advertiu á Xunta de que "cada vez terá máis xente está en contra", e que este tema "vai ter unha repercusión política" para o Goberno galego.