
Valentín Alvite, Presidente da Asociación “Francisco Villamil” pronunciou as palabras iniciais, nas que puxo de relevo a personalidade de José Martí e a importancia das súas ideas políticas e revolucionarias. Posteriormente deu lectura a unha mensaxe enviada para o acto polo Dr. Armando Hart Dávalos, Director da Oficina do Programa Martiano, no que resalta que en Martí “...sintetízase de modo exemplar unha longa lexión de herois, próceres e pensadores dun século de feitos e ideas que revelan o carácter singular do proceso cubano e sitúano como a continuidade histórica da epopeia independentista da nosa América”.
Sinala Hart que o máis universal dos cubanos representa a cúspide máis alta do pensamento no século pasado e nel ten Fidel Castro fundamentos históricos e unha das raíces do seu xenio e das vitorias da súa culta política.
Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral de Cuba pronunciou as palabras centrais do acto, nas que resaltou a figura do Heroe Nacional e a súa grandeza trascendental para a historia de Cuba, de América e o mundo.
Concluíu as súas palabras enviando unha mensaxe aos Cinco Herois presos e secuestrados en EEUU destacando que, como dixese Martí, trincheiras de ideas valen máis que trincheiras de pedras.