LEMBRANDO A MANUELA SÁNCHEZ, CAMARADA E GUERRILHEIRA GALEGA INESQUECÍBEL

"Manuela Sánchez era como a Terra, como as costumes, tradicións e historia da nosa pequena e doente patria. Manuela Sánchez ERA O NOSO POVO SEMPRE ASOBALLADO, NUNCA SOMETIDO ”. ["Moncho"]

Queremos render homenaxe a Manuela Sánchez, umha muller galega asasinada pola represión franquista na aldea de San Vicente Carres-Cesuras, a mediados dos anos 40.
Ela foi umha heroina do noso povo (hoxe infelizmente case esquecida) que deu a súa vida en combate por defender unha partida da 4ª agrupación do Exército Guerrilleiro Galego que loitaba naqueles anos contra a tiranía fascista.
Deixamos aquí un poema do poeta e miliciano comunista Lorenzo Varela (do seu libro "Lonxe") ilustrado con umha imaxe do grande Luís Seoane e a seguir a testemuña emocionada do camarada Francisco Rey Balbís "Moncho", último Xefe do Exército Guerrilleiro Galego:  [Ler todo]