8 DE MARZO: DEFENDER AS CONDICIÓNS DE VIDA DA MULLER TRABALLADORA E DO POVO. REBELARSE POR UNHA SOCIEDADE MELLOR: O SOCIALISMO

Mais que nunca en decenios asistimos ao agravamento e precarización nas condicions de vida da clase obreira e moi particularmente da muller traballadora, relegada a tarefas pouco cualificadas, humillada e agredida por un trato remunerativo desigual, pola precariedade e a inestabilidade ou sometida, de non ter traballo, en moitos casos á absoluta dependencia económica e a un xénero de escravitude que non poucas veces desemboca en violencia e maltrato físico e psíquico. 
Na súa crise terminal, un capitalismo desaforado coa súa ofensiva reaccionaria en curso impón por toda parte códigos que só conducen á perda dos dereitos acadados no pasado coa sangue de mulleres e homes, mediante durísimas e prolongadas loitas. 
É o imperio do abaratamento de custes e do medre do beneficio, do crecemento desmedido da taxa de lucro e da disminucion implacabel dos investimentos estatais  e do déficit público..[Ler todo]

Calendario da campaña galega Mulleres en loita: 
VER CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS