10 DE MARZO: Contra a ditadura do capital, adiante a Folga Xeral Nacional. Comunicado do PCPG

10 DE MARZO: DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA
Conmemoramos máis unha vez o Día da Clase Obreira Galega, unha data moi importante e simbólica, inserida para sempre no noso calendario e no adn do proletariado galego, unha xornada de reivindicación, sempre de combate e de esixéncia con nós mesmos.
Este 10 de Marzo é o 40 aniversario que tivo a súa orixe nos feitos acontecidos en Ferrol naquel dia en que a represión policial do réxime franquista sobre os traballadores da Bazán asasinou a Daniel e Amador e causou numerosisimos feridos, encarcerados e epresaliados entre os milleiros de obreiros manifestantes.
Uns feitos que provocaron a solidariedade por toda a xeografía da Galiza obreira e unha rebelión heroica naqueles anos da tiranía fascista que se extendeu rapidamente á toda a nosa nación e especialmente a Vigo, cidade na que a que a clase obreira organizada e as súas organizacións revolucionarias fóron quen manter e acrescentar durante meses (singularmente no mes de setembro) unha rebelión que ia máis aló das reivindicacións laborais para converterse na práctica nunha acción de protesto anti-fascista de todo o povo, nunha Folga Xeral Política que tivo no seu decurso accións e experiencias exemplares e precursoras que marcaron e reorientaron decisivamente a historia do Movimento Obreiro organizado Galego, por si e para sí..  [Ler todo]