30 e 31 de Marzo en Vigo: DIA DA TERRA PALESTINA


(de Galiza por Palestina-Vigo)

Cando se prepara unha nova agresión imperialista, esta vez contra os pobos sirio e iraniano, un grupo de persoas independentes ou representantes de organizacións políticas e populares pretendemos darlle novo pulo a Galiza por Palestina (Vigo), co obxectivo de relanzar a solidariedade con este pobo permanentemente masacrado polo Estado sionista, e tamén cos povos árabes que neste momento están a ser ameazados polo imperialismo.

Por iso  realizaremos unha concentración e unha palestra que sirvan como re-comezo das actividades. En concreto, fixamos o día 30 de marzo (Día da Terra Palestina) para unha concentración no M.A.R.C.O  (Rúa Príncipe) ás 20hs e o 31 de Marzo para unha palestra a cargo de Faiez Badawi no Centro Social Bou Eva  (Rúa Terzo de Fora 11, (Vigo) ás 19 horas

Para  contacto e información sobre actividades ou incorporación á plataforma visita o sitio web de Vigo: www.galizaporpalestinavigo.piesnegros.org