SÁBADO 16 DE XUÑO EN PORTO: II ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÈS DE SOLIDARIEDADE CON CUBA

SÁBADO 16 DE XUÑO DE 2012, CIDADE DO PORTO
Facer visíbel a violencia dos estados ricos e comerciantes de armas contra un país sen recursos como Cuba, defensor da independencia e do socialismo e exportador de saúde e de escola, fora compromiso do I Encontro en Santiago de Compostela, en xuño do 2011.
No tempo andado desde aquela, o capitalismo ocupa novos territorios e acelera a depredazón e o derrubamento dos direitos básicos. Tratar destas renovadas ameazas, será o traballo da reunión do 16 de xuño en Porto. No primeiro lugar da axenda, figura o común traballo de solidariedade con Cuba. Ao tempo, debater sobre o bloqueo ha servir de espello para o grave castigo que a crise da acumulación de capital está a producir nas dúas beiras do Miño.
Cincuenta anos despois do II Manifesto da Habana, en Cuba varias xeracións ensaiaron relacións sociais nun marco legal que exclúe as prevalencias de clase e de orixe, e perfeccionan institucións para a defensa deste novo xeito de vida. Quen se atrevería a negar a modernidade desta opción?
A Asociación de Amizade Galego-cubana "Francisco Villamil" e o Comité de Sloidariedade com Cuba e contra o Bloqueio “Porto Com Cuba” convídante encarecidamente a participar neste encontro. 
Persoas interesadas: galegocubana@gmail.com ou no teléfono 986 432892 (xoves, de 18 a 20).
Avance de Programa: 
O II Encontro Galego-Português de Solidariedade con Cuba terá inicio às 17 horas nas instalacións da Universidade Popular do Porto (UPP), sito na Rua da Boavista, 736 Porto. Está prevista a presenza do Embaixador de Cuba en Lisboa Eduardo Lerner e destacadxs persoeirxs da vida política e cultural portuguesa
Avance do programa:
17 horas - Inicio, coa apresentación da mesa e umha breve introducción sobre o tema em debate "O Bloqueo e o Proceso de Reforma Económica em Curso":
--Intervencións da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Fancisco Villamil" e pola Porto Com Cuba
--Debate:
--19,30 horas encerramento
--Umha Moción de Solidariedade cos Cinco cubanos presos nos EE.UU
--Umha moción contra o Bloqueo imperialista a Cuba
--Umha resolución conxunta
   Nota: Ao final do Encontro terá lugar umha cea (jantar em português) e festa de Convívio