MANIFESTO "TOURADAS FORA DE PONTE VEDRA":



MANIFESTO "TOURADAS FORA DE PONTE VEDRA":

As touradas están baseadas na tortura, a dor e o ensañamento co touro. Transmiten valores negativos, como o uso inxustificado da violencia, o desprezo cara os dereitos dos animais, o goce coa tortura e o maltrato animal.
As tradicións deben funcionar como soporte do que nos define e constrúe, mais tamén do que esperamos no futuro. Aquelas que están sustentadas na violencia e no aniquilamento non fan máis que perpetuar comportamentos que deben ser rexeitados da sociedade.
Ademais, para os galegos e as galegas, as touradas non teñen nada que ver coa nosa historia nen coa nosa cultura, chea de tradicións populares que esmorecen e que si son dignas de recuperación.
Segundo diversas enquisas, o 90% consideramos que a tortura dos animais como diversión debe ser suprimida, e a inmensa maioría da poboación nunca asistimos nen asistiremos a unha corrida de touros.
As tempadas taurinas, as escolas e as ganderías son financiadas con diñeiro público que tamén pagamos as galegas e os galegos que somos os que menos interese temos en todo o estado. Por todo isto demandamos:
1. Ao goberno do estado que faga os cambios lexislativos necesarios para a abolición das touradas e a paralización da súa promoción e subvención con diñeiro público que en plena crise ascende a 600 millóns de euros.

2. A Deputación de Pontevedra que as deixe de subvencionar directa
ou de forma encueberta (60.000 euros recoñecidos)
3. Que o Parlamento de Galiza modifique a “Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade” que exclúe no seu artigo 5º as touradas, para que prohíba estas actividades.
4. Ao Concello, o cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a declaración de Pontevedra como “Cidade Antitouradas e amiga dos Animais”.
5. A reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos

A abolición das touradas non é unha utopía como demostran os exemplos de Catalunya e Canarias

Convoca: Touradas fóra de Pontevedra

Apoian: ACOPO (Asociación Coordinadora de protectoras de Pontevedra), A C Revira, Adega, Adiante,Asociación felina Nueve vidas, Amigos e amigas da cultura, Asociación Amigos e Amigas da Canceira de Poio, Asociación de Adopción de Cans Os Palleiros, Associaçom Culltural Almuinha de Marim, APDR, CNT, ASPA Galicia Animal, Colectivo Ecoloxista do Salnés, CIG,Compromiso por Galicia, Causa Galiza ,Difusión Felina, Equanimal,Equo, EU-Os Verdes,Fronte Popular Galega, Galicia Mellor Sen Touradas,Galiza Nova, Isca, Irmandade Druídica Galaica,Liga estudiantil galega, Movemento Galego ao socialismo, Nos U.P., Os Chichisos, PACMA, PCPG (Partido Comunista do Povo Galego), Peña de fútbol Furia Granate,Protectora Adopciones Galicia,Protectora A Madroa, Protectora Os Biosbardos, Protectora O Morrazo, Proyecto Gato, 15 M Pontevedra, Refugio de Cambados, Vaipolorío, Verdegaia.