Conferencia sobre o Xeneral FRANCISCO VILLAMIL e festa cubana en Compostela

Este próximo VENRES dia 31 de Agosto a partir das 21 hs no Centro Social A Gentalha do Pichel. Conferencia sobre FRANCISCO VILLAMIL coa participación do CÓNSUL XERAL DE CUBA, Alejandro Fuentes Hernández, o escritor Xosé Neira Vilas e un membro da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil".
A presenza neste acto deste escritor galego débese precisamente o labor de investigación sobre a vida do galego, que despois chegou a ser Xeneral do Exercito Mambí, Francisco Villamil así como pola súa investigación sobre a presenza de centos de galegos en Cuba, que tiveron umha participación fundamental na historia de Cuba, tanto na loita pola independencia do colonialismo espanhol nas fileiras do exército de liberación nacional mambí como na súa participación na Revolución Cubana, comandada por Fidel Castro Ruz.
Umha vez rematada a palestra: petiscos cubanos e festa co grupo Paraiso Caribe.