 A negación da tortura
A negación da torturapor Carlo Frabetti
A tortura, a máis repugnante forma de represión e de abuso de poder, é obviamente incompatibel co estado de dereito, e por iso nas seudodemocracias ao uso a súa práctica sistemática nunca é recoñecida. Mais negar a evidencia da tortura é cada vez máis difícil. Cada vez require maior cinismo por parte do poder e maior necedade por parte de quen se cren as súas mentiras e omisións, pois o coñecemento dos feitos obxectivos -os teimudos feitos- está, cada vez máis, ao alcance de calquera que teña acceso a un ordenador. Hoxe día, negar a tortura é como negar o Holocausto: require o mesmo grao de obcecación ou perversidade.
Fai tan só unha década, para comprobar que a tortura é unha práctica sistemática e impune (o que equivale a dicir que é unha estratexia política), había que emprender unha difícil labor de investigación. Porén na actualidade as evidencias son tan abrumadoras como facilmente accesibles, e negarse a velas ou a sacar as conclusións pertinentes equivale a ser cómplice da maior das infamias...  [Ler máis]
 
 
 
 

 
 
![BOLETÍN  PCPG [25-07-2009]](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjKJwR9capQn9RwaC1RinT135L_RooKOU-yMtyhQipxgNy12eTfPDepckLe6dgCs5XGRG2k2hEpdWR8s0EoAgthWgCWm00GalRIK1ofYb5j-8LLiDp8qxrXOYG-rV02EKcdbs1x5Q/s1600-r/portadaPCPG240.png) 
 
