O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o Comité no E.Español da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados en Palestina (UNRWA), en colaboración co Concello de Gondomar, organizan a exposición fotográfica “A UNRWA e os Refuxiados de Palestina 1948-2008: 60 anos”, que estará na Casa da Cultura do Concello de Gondomar (rúa Portugal, 2, 36380, Gondomar) do luns 18 ao domingo 31 de agosto de 2008.O día xoves 21 de agosto de 2008, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Gondomar, se ofrecerá unha charla sobre “A situación política en Palestina”, impartida por Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI (www.igadi.org)
