O "Espazo Aberto Antimilitar" chamanos un ano máis a participar da "Campaña Obxección Fiscal 2009". Cando as necesidades sociais aumentan, acrescentan o control sobre a poboación moito máis.
¿Qué é a Obxección Fiscal?
A Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado Español o diñeiro que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.
¿Por qué obxectar?
-->Porque consideramos que o mellor xeito de resolución dos conflictos entre os povos é o diálogo, a cooperación e a solidariedade.
-->Pola desobediencia civil, por medio da O.F., fronte á imposición de colaborar co militarismo español. Actúa contra o militarismo!. ¡Fai obxección fiscal!