I.I. LONXE DA ESQUERDA DOMESTICADA

[insurxente] A prensa afín ao sistema capitalista informa con indignación que a campaña de Iniciativa internacionalista busca derrubar ao borbón.

Definitivamente non gostan que se fale de temas que, até esta campaña, eran auténticos tabús. Que se diga con claridade que o monarca e a clase política "patria" (representada polo PP e o PSOE) son inimigos políticos que hai que derrubar, asústalles. Non están afeitos a que a esquerda fale con tanta claridade. Vexan senón unha crónica dun xornal de Falsimedia, comentando a imaxe que ilustra esta noticia.

Primeiro identificáronse con Maradona marcándolle dous goles a Rubalcaba e agora a coalición Iniciativa Internacionalista compárase cunha partida de bolos na que "derrubar" ao Rei e a toda a clase política española. [Ler máis]