O PCPG CON INICIATIVA INTERNACIONALISTA - SOLIDARIEDADE ENTRE OS POVOS

(15.05.09) O PCPG considera que esta opción (concibida desde premisas de respecto á independencia e a soberanía de cada forza e malia as tremendas dificultades que está a enfrontar) constitúe un dos intentos de avance na confluencia política máis iesperanzadores e lusionantes que se teñen acadado e, en consecuencia, intégrase na mesma.

Consideramos que o intento de ilegalización de Iniciativa Internacionalista- Solidariedade entre os Povos por parte do Estado Español é un gravisimo atentado aos dereitos civís e políticos e chamamos a denunciar esta brutal tentativa de conculcación de elementais dereitos democráticos, que neste caso tenta impedir o noso direito de voto nas próximas eleccións ao Parlamento Europeo.

Agora máis que nunca temos que protestar con todas as forzas contra a constante e reiterada violación das liberdades e dereitos democráticos exercitada polos aparellos xudiciais e represivos do Estado Español, como se ten evidenciado nos últimos anos e amosa especialmente este feito que se aplica ao abeiro da aberrante e fascistoide Lei de partidos.

O Partido Comunista do Povo Galego chama aos traballadores/as e a todos os democratas consecuentes e verdadeiros progresistas a apoiar todas as iniciativas que nos próximos tempos se impulsen pola Comisión Promotora Galega da Iniciativa Internacionalista - Solidariedade entre os Povos. ¡Non pasarán!.