COMUNICADO DE INICIATIVA INTERNACIONALISTA DIANTE DAS IRREGULARIDADES DO PROCESO ELEITORAL

[9/9/09] Nos próximos días emitiremos un novo comunicado, facendo unha avaliación mais detallada do proceso político – electoral que vivimos e dos seus resultados, así como das nosas iniciativas para o próximo período. Porén diante da urxencia de dar resposta inmediata ao que parece xa un pucheirazo en toda regra, cuxa dimensión estamos a avaliar, queremos facer publico o seguinte:

1. O Ministerio do Interior con todo o acompañamento político e mediático dos servidores do réxime monárquico – español, non satisfeitos coa brutal campaña de criminalización á que someteron á nosa candidatura durante todo o proceso electoral, e diante da suspeita que aínda despois deste os resultados electorais serían mais que significativos, impulsaron un pucherazo en toda regra, cuxo impacto estamos investigando, para o que pedimos a colaboración de todas as persoas que simpatizantes ou non de II-SP consideran que hai que respectar as mais elementais normas democráticas.

2. Hai un sen fin xa de datos concretos que confirman este pucheirazo.. [Ler máis]