A CAMPAÑA DE SOLIDARIEDADE COS CINCO PARA 2011 REINÍCIASE NO GROVE

O sábado pasado, dia 12, no Concello do Grove tivo lugar un novo acto se solidariedade con Cuba centrado especialmente no caso dos cinco patriotas e revolucionarios cubanos presos inxustamente nos cárceres de EE.UU desde fai 12 anos.
Previamente tivo lugar unha recepción oficial presidida polo Alcalde desta Vila aos representantes de Cuba en Galiza, Cónsules Alejandro Fuentes Hernández e Dick Hernández Falcón, no salón de plenos do Concello. No acto participaron tamén os compañeiros/as Gustavo Luca e Xosé Collazo, en nome da directiva da Asociación organizadora do evento (Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”) e outros viciños do Concello, así como camaradas do PCPG, entre os que se atopaba Rubén Fernández e o principal organizador, camarada Xosé Meis Garcia. Tamén se achegou o Cónsul de Filipinas en Galiza Elias Lamelas.
Despois, a partires das 19: 30 realizouse o acto central desta importante xornada, coa que reiniciamos neste ano 2011 a campaña de solidariedade cos Cinco en Galiza, co acto celebrado no Pub “Small”, no que falaron diante dun público participativo que encheu completamente o local, o Cónsul Xeral de Cuba Dr. Alejandro Fuentes e o compañeiro da directiva da “Francisco Villamil”, o escritor e xornalista Gustavo Luca de Tena. Hai que reseñar tamén que a este segundo acto asistiu tamén o presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", Valentin Alvite e outros/as compañeiros e compañeiras, e a Cónsul da República Bolivariana de Venezuela en Galiza, Mónica Chacín.



Ao finalizar a charla todos os asistentes ao evento puideron gozar dunha pequena festa con mojitos e música cubana.