POLA FIN DO BLOQUEO A CUBA. POLO CESAMENTO DO ASÉDIO E A MENTIRA MEDIÁTICA CONTRA A REVOLUCIÓN CUBANA.

 O Partido Comunista do Povo Galego - PCPG - que é parte do movemento galego e mundial de solidariedade con #Cuba desde o mesmo momento do noso nacemento, denunciamos a campanha que intensifica o criminal bloqueo norteamericano, rexeitado pola esmagadora maioría dos países do mundo e esiximos o fin desta covarde manobra contra #CubaSocialista, enésimo intento de desestablización imperialista da Revolución Cubana. 

En nome de elementais principios solidarios do Internacionalismo Proletario e sendo parte da vangarda do Povo Galego Trabalhador, manifestámonos:
- Pola FIN DO ASEDIO TERRORISTA en forma de recrudecemento do bloqueo criminal económico, financeiro e comercial decretado polos EUA contra a Ilha Caribenha desde hai 60 anos, para o que apelamos á máis ampla solidariedade co seu heroico povo e coa súa Revolución. 
-Polo CESAMENTO DA MANIPULACIÓN E A MENTIRA MEDIÁTICA contra o exemplar e fraterno povo Cuba que é o máis solidario que existe e que existiu na historia da humanidade. 
-Pola condena dos PLANS XENOCIDAS DO IMPERIO, para o que chamamos a mobilizarnos, mesmo na rúa, esixindo a eliminación do #Bloqueo e o respeto polo caminho dos cubanos e cubanas, escolhido e reafirmado soberanamente durante máis de 60 anos como proxecto social mil veces máis humano que o de calquera sociedade capitalista existente. 
 
 
Galiza, 13 de xulho de 2021.