URBANO MANEIRO MARTÍNEZ "LOURO" (II). Memorias do 72 e da clase obreira galega.




URBANO MANEIRO MARTÍNEZ "LOURO" (II)
Memoria do 72 e da clase obreira galega.
[O primeiro capítulo foi publicado nesta r.s o pasado 9 de Outubro]
 
Como dixen nalgún comentario anterior, resumir ou sintetizar as aportacións de URBANO MANEIRO MARTÍNEZ ou a dos seus camaradas ben merecen pararse un pouco máis que no caso da xeneralidade daquela canteira militante dos anos 60 e 70. 
 
E non é doado, por varios motivos:
- pola distancia imposta polo tempo que pasou daquilo (máis de medio século).
- polas distintas visións ou responsabilidades que uns e outros/unhas e outras tiveron na clandestinidade e mesmo polas distintas militancias que tiveron uns e outros.
- Mais tamén pola opacidade dun certo relato oficial que chegou até nós... un relato, digámolo claramente, condicionado polo subxectivismo intereseiro e por unha ocultación coa que se pretendeu condenar aos díscolos.
 
É por iso que os companheiros/as da Comisión Memoria do 72*, constituída hai 10 anos (con motivo do 40 aniversario do 72) consideramos transcendente a testemunha directa frente á versión dos que os condenaron ao ostracismo. 
 
A nosa investigación recolhida en muitas horas de vídeo e arquivo sonoro, recolhe por volta dunha ducia de testemunhas daqueles e daquelas que mantiveron a cabeza ergueita do seu compromiso honesto, a coraxe e a actitude inequivocamente integradora naquel trance histórico, a daqueles que non avalaron determinada linha seguida a partir de desenhos pactictas e “reconciliadores” que se impulsaban desde París e Madrid. 
 
É a testemunha dunha parte dos que pagaron un prezo por non torcer nin trocar principios pola conciliación dominante dos que aínda hoxe tentan vendernos como bondade da transacción.
URBANO MANEIRO foi e é un deses homes: preciso e indepente nas súas análises, clarividente, disciplinado e organizado, fiel cos camaradas e nos principios leninistas, que se mantivo firme ante a ditadura e que non se deixou utilizar polos que pretendían outros obxectivos co macuto da chamada formulación da “Reconciliación Nacional” que nunca aceptou, como ben me/nos dixo en máis dunha ocasión (ver capítulo anterior).
 
- Ver estas outras afirmacións súas:
“Finalmente Carrillo renunciou á “ruptura democrática”, aceptando na Xefatura do Estado ao Borbón designado polas Cortes Franquistas e o Partido, no que manda o carrillismo abandona na práctica principios organizativos e ideolóxicos importantes, a ruptura democrática, o direito de autodeterminación e o estado plurinacional, e é a partir daí que se descompón, ponhendo en evidencia o oportunismo de muitos dos seus dirixentes. Nos “resíduos” do que foi un grande Partido prevaleceu o carrillismo, do que foron copia ou exemplos outros secretarios xerais, mesmo o propio Julio Anguita, antes do seu xiro de 180 graos e que eu comparto”.
 
- Canto á súa praxe, vai isto outro:
“Cando voltei do Brasil e Euskadi, ingresei no Partido en Vigo (1967/68), Carlos Nuñez era o secretario xeral. En pouco tempo asumin a responsabilidade do aparato de propaganda.
"O 90% das octavelas eran feitas (redactadas) por min, sempre discutidas polos membros do Comité do Partido e tamén sempre escoitando a voz e inquedanzas dos trabalhadores. “L. Ferreiro” levavaas a Beade (casa do camarada Figueroa, onde estaba a multicopista clandestina) e aos buzons dos camaradas para facelas chegar os comités das empresas de Vigo. CCOO era a correa de transmisión del PC".
"Tamen recibía en clave a correspondencia do Partido Comunista de España que nos mandaban desde Francia; vinhan a nome de Carlos Nuñez. Despois dun tempo a correspondencia ven a nome de Carlos Barros e é cando Carlos Nuñez se cabrea e se vai por un tempo, ficando eu como Secretario local del Partido. 
 
"Carlos Barros quería mandarme para Pontevedra, mais a votación non lhe foi favorabel e mesmo foi sancionado a sair do Comité Local e militar na base do Partido. Coa traición de Carrillo ao pactar a traición coa oligarquía decadente do franquismo, aceptando o Borbón na Jefatura del Estado e renunciando na práctica á ruptura democrática que tería que ser irrenunciábel, o partido comenza a súa crise imparábel, a desintegrarse.., cousa que tivo repercusión nas CC. OO. e claro, grande parte das persoas dirixentes (entre eles C. B e C. N) tinhan limitacions no conhecemento da ideoloxia marxista-leninista."
 
"Cando a xuventude, liderada por Abelardo Collazo, entrou en conflicto ideológico co Partido, Carlos Núñez levoume para debater as diferencias ideológicas, nunha reunión que tivo lugar no bairro de Coia -Vigo, non sendo posíbel o acordo, pois as posturas eran irreconciliabeis, máis seguín mantendo boa relación persoal con Abelardo e mesmo me pediu instruccións de como trabalhar na confección dos clichés, cousa á que accedín naturalmente".
 
Até aquí este outro modesto RESUMO en retazos do pensamento e o compromiso práctico de Urbano Maneiro Martínez, quen foi dirixente xuvenil comunista no Brasil e en Euskadi, participante nas tarefas e debates da fundación do PCG, membro e responsabel do aparato de propaganda do PCG durante anos, Responsábel Local de Vigo do PCG a partir da Folga/Greve de setembro de 1972, membro do C. Executivo do PCG.. 
 
- Algúns seguimos perguntándonos admirados: Como é posíbel que exista esta "esquencia" nas publicacións e dossiers de certos historiadores ou nos documentos publicados na actualidade polo propio partido e as CC.OO?. 
 
- Como é posíbel que algúns outros autores reduzan a súa participación naquela época histórica a tres ou catro linhas nas que o seu propio nome aparece terxiversado ou trabucado (algún sendo perfectamente conhecedor da súa figura como dirixente comunista e antifranquista) ?
* . Os que o conhecemos estamos na obriga de resgatar estas valiosas testemunhas, e é por iso que facemos. 
 
. El tamén foi e é meu/noso camarada e tivemos o privilexio de telo na dirección do noso partido, no PCPG - mediados a finais dos anos 80- xa o dixen na primeira "entrega".
 
 << Há um dito que é tam comúm como falso: o pasado pasado está, cremos. Porén o pasado non pasa nunca, se há algo que não pasa é o pasado, o pasado está sempre, somos memória de nós mesmos e dos demáis, e neste sentido somos do papel onde se escreve todo o que acontece antes de nós, somos a memoria que temos >>
[José Saramago].
 
===========
Honrar a historia e aportación dos camaradas é conhecela.
Seguiremos facéndoo coas de muitos máis, porque iso é tamén honrar a clase. No caso de Urbano e uns poucos/as máis disponhemos aínda de máis info (isto é só un resumo) e, alén disto contamos con algún ou algúns vídeos que publicaremos en canto nos sexa posíbel.
 
Continuaremos pois 
 
Xosé Collazo Castro (20.10.2022)