URBANO MANEIRO, con nome clandestino "LOURO" É UN DOS IMPRESCINDÍBEIS. (III)

URBANO MANEIRO, con nome clandestino "LOURO" É UN DOS IMPRESCINDÍBEIS. (III)

Xa dixemos na primeira entrada que o camarada Urbano Maneiro naceu en Porto do Son, concelho no que viviu durante a súa infancia e adolescencia. Foi loxicamente nesa etapa que xurdiron as primeiras nocións de vida que irían formando os rasgos da súa personalidade. Como el mesmo nos ten dito, durante esa época en que descubriu como na súa família, tanto pola súa rama materna como pola paterna, houvo membros perseguidos, represaliados e con condenas de cárcere (anos 30, 40).

Emigra de moi novo ao Brasil, onde estivo trabalhando no sector metalúrxico, no ofício de torneiro mecánico, en São Paulo. Son feitos marcantes na súa vida e as primeiras vivencias conformaron a súa personalidade, a consciencia e o futuro compromiso de Urbano.

Compromiso inconformista contra a inxustiza, que se expresou social e políticamente nesa primeira etapa no Brasil, entrando en contacto co con colectivos sociais, co partido comunista e co mundo do trabalho organizado; el remarca a experiencia no trabalho sindical e especialmente no Centro espanhol de São Paulo, colectividade con presencia e infuencia importante do Partido. Nesta colectividade editábase un periódico chamado “Democracia Española”, no que tamén el participou na súa redacción. Paralelamente a esa actividade e ao seu trabalho, participou na xuventude comunista, tratando de formarme na teoría marxista e como comunista.

El conta: “fun bastante activo nesa década e mesmo me correspondeu dirixir algunha folga ou greve importante. Alén diso, estudei os nosos clásicos do socialismo científico e cheguei a impartir cursos de marxismo no propio Centro Español" - lembra especialmente "sobre "O Capital" de Marx..".

Do meu ponto de vista, foi sen dúvida o seu conhecimento directo das condicións reais do proletariado, a súa curiosidade intelectual e ese afán por aprender ensinando estes conhecementos, o que fixo deste camarada o "mestre ou profesor" ao que muitos anos máis tarde se refirirían algúns destacados activistas do movemento obreiro vigués.

Cando lhe perguntamos En que momento considerou oportuno voltar desa emigración, responde sen duvidar que: “foi cando o asasinato por parte do franquismo do camarada Julián Grimau (refírese ao dirixente comunista detido en novembro de 1962 e asasinado en abril do ano 63).

"Eu aínda estaba alí e despois deste feito brutal e arrepiante que mobilizou o mundo enteiro contra Franco, lembro especialmente un acto daquela Campanha de denuncia e solidariedade en São Paulo, había que nomear a alguén para que dese un discurso nun acto organizado no Centro Español e propuxéronme a min -aínda hai xente aí que pode confirmar isto- e falei como militante da xuventude comunista con bastante éxito, pois ao remate todo o mundo se puxo en pé aplaudindo, se cadra porque foi un discurso revolucionario no que chamaba ao combate contra o franquismo e non unicamente por vías àcíficas, pois considerei que a luta armada podería ser tamén a alternativa. Foi a partir daí, que o "efecto Grimau" significou pra min e pra muitos tamén, un efecto chamada ao retorno desa emigración que se tinha formado políticamente no exterior para retornar e continuar a luta que presisamente Julián Grimau seguira porque el, que dera a súa vida organizando o partido e a resistencia contra a tiranía no interior do estado franquista, tamén combatira desde fora.”

(...) Volvín ao Estado Espanhol entrando polo país basco no ano seguinte, 1964, sendo xa militante do Partido e tomando contacto con Santos, un responsábel do EPK (PC en Euskadi) en Pasajes de San Pedro – Trintxerpe-. Nesa minha andaina de luta política por Euskadi cheguei a ter contactos con cuadros dirixentes de ETA”.

- Despois duns tres anos volveu para Vigo, onde ao chegar tomou contacto co P., en primeiro lugar con Carlos Núñez, nese momento responsábel do partido na cidade, pasando a militar na organización, asumindo case de inmediato a responsabilidade de propaganda e do seu aparato. Unha responsabilidade e actividade (sempre se considerou a de máis risco) na que estivo perto de 7 anos-.

CONTEXTO E PERÍODO NO QUE CHEGA URBANO MANEIRO A VIGO:
A finais da década dos 50 e os 2 primeiros anos da década dos 60, o partido comunista, asediado pola constante persecución policial e o réxime de terror franquista pasaba por unha situación de manifesta incapacidade para desenvolverse e levantar cabeza da precariedade e parálise na que estaba, incapacidade da que non estaban exentas certas concepcións e rixideces militantes no propio partido, a “desconfianza e o secretismo presidían as relacións, unha situación explicable pola permantere persecución policial que explicaba En parte os grandes atrancos que había para o despegue organizativo e mesmo, as caídas”.

Foi a partir de comezos de 1963 que se comenzou a albiscar a saída, con perspectivas para erguer o partido, e se constitúiu un Comité en Vigo con José Fernández “Ramón”*, proprietário dun talher mecánico, como responsábel político; José García Puente, trabalhador da construcción, como responsábel de organización e ademáis, con Francisco Abalo Nieto e Ventura Areal Navarro como secretarios sindicais ou de movemento obreiro. (Dato tirado do libro Historia do PCE en Galicia,de V. Santidrián (Edicións do Castro).

-Naquel tempo a responsabilidade do partido na cidade olívica e comarca parecía alternar entre Carlos Núñez e Pepe Fernández-.

-Pouco despois da primavera de 1963 foi detido pola BPS (e maltratado brutalmente durante 15 dias) Pepe Fernández “Ramón”, curiosamente como consecuencia das accións da campanha de solidariedade co dirixente comunista Julian Grimau, do que falamos máis arriba, (accións que se demostraron muito eficaces e espectaculares no campo da axitación propagandística).

- Tres ou catro anos despois o Comité de Vigo volveu resentirse por unha nova detención/caída de Carlos Núñez, o que obrigou a reestructurar este comité, onde se nomeou a Manuel Rodríguez González como responsábel político.

Da tarefa de organización foron responsabilizados Pepe Fernández “Ramón” e Pena; de M. Obreiro e Sindical, Arturo; como responsable de xuventude foi promovido Andrade, de Barreras; do traballo da Muller, Pilar García* e do traballo de propaganda (axit-prop) o camarada do que falamos aquí, o “recén chegado” do Brasil e Euskadi URBANO MANEIRO.

- As cousas seguiron a melhorar, polo empenho, firmeza, visión organizativa e clarividencia destes camaradas, e tamén comenzaron a mudar significativamente na área de Axit-Prop (Axitación e Propaganda)*: miles de pasquíns (octavelas) de movemento clandestino das comisións obreiras impulsadas polos comunistas, ou o periódico do partido eran introducidas en todas as fábricas e chegaban a todos os recunchos da cidade.

- Un trabalho que se intensificou nos tres últimos anos da década dos 60 e que explodiu especialmente no ano 72, en que as reivindicacións obreiras chegaban case a diario en forma de propaganda masiva coas convocatórias e novas informativas obreiras que se difundían en centos de miles (máis de 600.000 calculou o camarada Antônio Figueroa* un dos membros do aparato de propaganda, que tinha a multicopista na súa casa de Beade).

- A Urbano Maneiro, como responsábel da área de propaganda (Axit-Pro) e como autor da redacción da imensa maioría desas proclamas e octavelas, antes, durante e despois do ano 1972, debeuse grande parte deste trabalho.

- Conhecín a estes camaradas e outros que non se mencionan nesta publicación, algúns sínda viven, e tenho o orgulho de que estas persoas que aparecem marcadas con (*) se incorporaran activamente ao proceso de de reorganización e unidade comunista no PC. e no PCPG a partir do ano 1983-84, proceso no que, por certo, estiveron tamén os outros 2 militantes que que facían parte do aparato de propaganda.

Vou rematando, e como isto se está alongando excesivamente, proponho rematar está 'III entrega' e continuar nestes próximos dias con algunhas pasaxes importantes dunha longa entrevista que lhe fixemos.
X. Collazo Castro.