Texto traducido (do Inglés):
Comunicado da Xuventude Comunista Checa (KSM) perante a súa ilegalización
Comunicado da Xuventude Comunista Checa perante a súa ilegalización e pedindo a solidariedade internacional coa súa loita
Queridos camaradas: A Xuventude Comunista da república Checa (KSM) foi oficialmente disolta pola autoridade estatal o 12 de outubro de 2006. O 16 de outubro, a KSM recibiu unha carta do Ministerio de Interior da República Checa que anuncia que o Ministerio de Interior disolveu finalmente á KSM. Isto ocorre dentro dunha longa campaña de ameazas de ilegalización da organización dos mozos comunistas na República Checa.
Milleiros de cidadáns da República Checa asinaron unha petición contra a instancia do Ministerio de Interior para facer ilegal á KSM. A protesta contra a ilegalización da KSM expresouse na República Checa por exemplo mediante a organización de Veteranos loitadores antifascistas, organizacións estudiantís, partidos políticos e asociacións civís.
A instancia do Ministerio de Interior ilegalizando á KSM provocou unha grande contestación internacional. Centos de significativas organizacións estudiantís, sindicatos e partidos políticos, xunto con milleiros de persoas protestaron ao Ministerio de Interior e ás embaixadas da República Checa en cada país. A solidariedade coa KSM expresouse mediante un grande número de parlamentarios, famosos intelectuais e personalidades como o Premio Nobel Dario Fo, o líder dos zapatistas Marcos ou o cantante Bono de Q 2. Organizáronse manifestacións en apoio á KSM fronte das embaixadas da República Checa en países de todo o mundo. A Federación Mundial da Xuventude Democrática impulsou un día internacional de solidariedade coa KSM o 27 de febreiro de 2007.
O Ministerio de Interior impugnou orixinariamente o estatus da KSM como asociación civil baixo o pretexto de que os obxectivos das actividades da KSM interferían co área restrinxida aos partidos políticos. Posteriormente, o Ministerio de Interior estableceu que o carácter da KSM era ilegal porque esta basease nos fundamentos teóricos de Marx, Engels e Lenin e en proclamar a necesidade da revolución socialista. Sen embargo, o Ministerio de Interior non usou ningún deses argumentos para disolver a KSM.
A única razón que oficialmente conduciu á disolución da KSM é que reflicte no seu Programa a necesidade de substituír a propiedade privada dos medios de produción pola propiedade colectiva. A KSM, a pesar da súa disolución oficial por parte da autoridade estatal, continúa a loita polos dereitos da maioría dos mozos –estudantes, mozos traballadores, mozos desempregados- e polo socialismo!
A KSM contestará a decisión do MI nos tribunais. A ilegalización da KSM realizouse nunha atmosfera de agresiva caza de bruxas anticomunista, con varias campañas anticomunistas e novos chamados a ilegalizar ao Partido Comunista de Bohemia e Moravia (KSCM). A decisión do Ministerio de Interior de ilegalizar á KSM foi tomada só unha semana antes das eleccións locais e ao senado nas cales participaba o KSCM.
Queridos camaradas e amigos, é necesario resistir internacionalmente a esta ilegalización e criminalización do movemento comunista na República Checa.
Chamamos polo tanto a que se exprese a solidariedade coa KSM e se proteste contra este movemento sen precedentes do MI da República Checa fronte ás embaixadas da República Checa dos vosos países.
Os seus enderezos están na seguinte páxina web:
PREMER AQUÍ
Por outra banda, pedimos que toda a información nos sexa enviada ao seguinte correo: international@ksm.cz. Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os spam e necesita ter Javascript activado para poder ver dentro del. Tamén podedes dirixirvos ao fax ++420 222 897 449.
Asimesmo podedes asinar as seguintes peticións:
- Iniciativa do Partido Comunista de Grecia-KKE:
http://4ksm.kke.gr/
-Iniciativa da Federación Mundial da Xuventude Democrática:
http://wfdy-ksm.kne.gr/
Chamamos a difundir esta información encol da actuación antidemocrática da Estado Checo nos medios de comunicación dos vosos países. Chamamos tamén a calquera outro tipo de acción solidaria.
Coa vosa axuda internacional é posibel e vital derrotar todos os ataques anticomunistas e antidemocráticos!
Viva a Solidariedade Internacional!
Departamento Internacional da Xuventude Comunista da República Checa(KSM)