HOMENAXEADO EN CUBA O CAMARADA "MONCHO"


Homenaxeado na Habana, veterano loitador comunista.

Por Lina Rei Abeledo*

O 19 de Marzo, precisamente o día no que facía os seus 90 anos, o noso camarada Francisco Rei Balbís, Moncho, foi obxecto dunha sinxela e cálida homenaxe, no nome do Partido Comunista de Cuba, por parte de compañeiros do Departamento de Relacións Internacionais do Comité Central.

-Ver tamén referencia a esta homenaxe publicada no Granma [+]
[ler o texto completo]

UN POEMA DE BERTOLT BRECHT ADICADO AOS NOSOS LECTORES

Ao se cumprir no 2006 -10 de agosto de 1956- o 50 cabodano do pasamento de Bertold Brecht, publicamos na súa homenaxe este poema seu:

.
.
O Partido somos NÓS
¿Quén é entón o Partido?
¿ Vive entre catro paredes?
¿ Está prisioneiro nos cárceres?
¿ Escoita no auricular dos telefones?
¿ Son os seus pensamentos secretos
e as súas conclusions descoñecidas?
¿Quén é entón o Partido?
O partido somos nós, Ti, eu, e nós, nós todos.
Vístese coa tua roupa e pensa na túa cabeza.
Onde nós esteamos, alí estará o Partido,
Onde se lle ataca alí combate.
Amósanos o camiño que temos que seguir e
nós seguirémo-lo contigo.
Pero non sigas sen nós o camiño
sen nós ese camiño é o peor
no te separes de nós
podemos equivocarnos e ti ter a razón, logo,

non te alonxes de nós.Ninguén o nega, vale máis o camiño curto
que o longo, pero si un de nós o coñece e non
o pode demostrar ¿de qué nos sirve a sua
sabiduría?
Sé sabio, pero sé sabio con nós. Non te

alonxes xamáis de nós.

Bertolt Brecht

Sábado 24 de marzo: CONTRA A ESPECULACIÓN POLO DIREITO SOCIAL Á VIVENDA




Sábado 24 de marzo
Manifestación: "Contra a especulación, Construamos o Dereito Social á
Vivenda"
Saída ás 17h desde a Porta do Sol - VIGO

(Neste acto entregaráse o premio do concurso fotográfico
"Retrata as agresións urbanísticas, vivendas abandoadas ou
urbanizacións ilegais en Vigo e arredores.")

Ven con nós a deambular polo espazo urbano na busca de desexos
subversivos e trae a túa caixa de cartón ou os materiais para facerte
unha chabola.
E non esquezas decorala cos motivos do teu protesto!!!.

Urbanicemos a rúa coas nosas protestas e as únicas vivendas que
podemos permitirnos, as máis axeitadas á nosa precariedade.

Plegábeis, fáciles de montar, cómodas de transportar e acoplábleis a
calquera superficie (a poder ser inmobiliarias, bancos ou casas de
especuladoras).

O último en alternativas para resistir ao desaloxo e á falta de
Vivenda Digna!!!.

CONTRA A GUERRA E OCUPACIÓN IMPERIALISTA DO IRAQUE

.
RESOLUCIÓN DO COMITÉ NACIONAL DO PCPG DIANTE DO IV CABODANO DA INVASIÓN IMPERIALISTA DO IRAQUE

O mundo conmemora nestas datas o cuarto cabodano do comezo da criminal ocupación do Iraque. A foto das Azores retratou ó sector mais agresivo do imperialismo encabezado polos EEUU e deixou clara a sua vontade de submeter militarmente a todo povo disposto a defender a sua soberanía e a enfrontar, xa que logo, a “orde mundial”imperialista.

Após catro anos, presenciamos como no Iraque cométense toda clase de crimes contra a humanidade e como se violan os mais elementares direitos humáns, recurrindo a meios que nada teñen que envexar ós empregados polo nazi-fascismo.

Presenciamos tamén a dignidade dun povo disposto a enfrontar ó ocupante,disposto a loitar heroicamente e palmo a palmo, polo dereito á soberanía e a autodeterminación do seu povo fronte á criminal agresión á que ven sendo submetido.

O PCPG, como organización internacionalista, apoia a lexítima resistencia iraquiana e de todos os povos oprimidos fronte ás tropas de ocupación e a calquera guerra imperialista.

Co gallo deste aniversario, foron convocadas en algúns pontos do Estado Español por parte de PSOE, IU e outras organizacións satélites, varias mobilizacións de rexeitamento a guerra do Iraque amplamente difundidas polos xornais e outro meios de comunicación de todo o Estado. Destas iniciativas e mobilizacións foron excluidas e marxinadas as organizacións e movimentos, que cotidiana e consecuentemente vimos facendo fronte tanto ó imperialismo ianqui como ó europeu. A socialdemocracia, na sua vertente liberal (PSOE) e reformista(IU..) pretenden converter as mobilizacións nunha parte do xogo electoral bipartidista que están a disputar co PP. Ao mesmo tempo, o Governo do PSOE coa complicidade de IU e os seus aliados en xeral, fai por evitar alguns debates que lle resultan incómodos, pois é imposível xustificar, desde posicións chamadas pacifistas, a actual política do Governo socialdemócrata e os seus aliados.

Esta consiste en criticar a ocupación no Iraque mentres se participa nunha guerra de ocupación, igualmente sanguiñenta, no Afganistán. O Governo PSOE encamiña tropas de ocupación ó Líbano facendo o xogo ós intereses do sionismo israelí e estadounidense e en contra do povo libanés e palestiniano. O Governo español do PSOE, coa complicidade vergoñenta dos seus aliados políticos e da monarquía, apoia os plans xenocidas e coloniais de Marrocos na ocupación do Sahara. Ese mesmo Governo, e eses mesmos cómplices, néganse a aclarar os vóos da CIA con secuestrados a bordo, violando a soberanía dos povos do Estado Español; e o papel da policía e dos servizos de intelixencia españois nos campos de concentración de Guantánamo.

Os mesmos que defenden a ocupación actual do estado español pola OTAN, rachan agora as vestiduras tentando disputar o espazo electoral da dereita neofranquista do PP. Para elo, exclúen das convocatórias ás organizacións revolucionarias e tentan manipular ó povo empregando os seus poderosos meios de comunicación.

O PCPG négase a participar nese xogo criminoso e inmoral que distingue entre o imperialismo alleo e o “noso” imperialismo, o da fracción oligárquica representada polo PSOE e os seus monaguiños de IU e outros, que algún día terán que explicar a presencia dos seus diputados nos congresos de paramilitares fascistas colombianos e qué é que fan os seus cárregos no Ministerio de Exteriores, ademais de cobrar farturentos soldos, dietas e comisións.

Entendemos que algunhas organizacións, e centos de cidadáns e cidadás honradas, se teñan visto envolvidas neste xogo hipócrita do PSOE e os seus aliados políticos e institucionais. A todos eles, a todas elas, a todas as organizacións da esquerda social, política, ó conxunto do movemento obreiro e popular, chamamos-vos a continuar combatindo toda caste de políticas imperialistas, quen quer que as exerza, a continuar combatindo a presencia do exército mercenario español violando a soberanía dos povos, a loitar pola paz, contra a OTAN e contra o EUROEXERCITO. Pois, como dicía o Comandante CHE Guevara, a solidariedade é a tenrura dos povos.

NO IRAQUE E NO AFGANISTAN, O IMPERIALISMO NON PASARA!

RETIRADA INMEDIATA DAS TROPAS ESPAÑOLAS DE OCUPACION!

NON Á GUERRA IMPERIALISTA!

VIVA A RESISTENCIA!, POR UNHA FRONTE MUNDIAL ANTIIMPERIALISTA!

Comité Nacional do PCPG.
.

Cartaces das concentracións que terán lugar en Vigo(superior) e en Pontevedra(embaixo) o sábado, dia 17 no 4º aniversario do comenzo da guerra de ocupación imperialista
.

COMUNICADO DA CUT NO DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA


O 10 de marzo de 1972, eran asasinados en Ferrol pola policía, Amador Rei e Daniel Niebla, traballadores da empresa Bazán. Ademais, multitude de traballadores foron feridos de bala, producíndose posteriormente a detención de máis dun cento. O seu delito: a esixencia dun salario digno, menos horas de traballo e máis liberdade. A resposta do fascismo foi a máis cruenta represión, e os voceiros do Réxime falaron de “subversión comunista” e de “terroristas que perturbaban a paz”. Aínda hoxe non se depuraron responsabilidades por estes feitos.

10 de Marzo 2007

Esa data emblemática e tráxica para a clase traballadora, ven a referenciar desde ese día, as aspiracións dos traballadores e traballadoras de Galiza, na que se combina a loita diaria por mellorar as condicións laborais e salariais, coa alternativa estratéxica de avanzar na Liberación Nacional e de Clase.

Pasados trinta e cinco anos, seguimos a enfrontar situacións similares aínda que enmascaradas na chamada democracia borbónica. O neocapitalismo segue a ser a bandeira do Goberno ZP sen que se plantexe a derrogación de ningún dos últimos decretos anti-obreiros e tampouco miramos avances no actual Goberno Bipartito en Galiza respecto da capacidade de decisión do pobo galego.

A patronal cada vez máis cómoda neste sistema capitalista ultraliberal aumenta cada día os seus beneficios sendo a clase obreira quen sofre as consecuencias de tanta sobre-explotación, contando coa colaboración dos sindicatos situados no “pacto social permanente” e continuando o recorte nos dereitos conquistados pola clase traballadora.

Para a CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS (CUT) a conquista de un Marco Galego de Relacións Laborais segue a ser unha aspiración clave para o Movemento Obreiro Galego, como para o conxunto da sociedade galega será acadar a AUTODETERMINACIÓN como Pobo.

VIVA O DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA!!!

AMADOR E DANIEL A LOITA CONTINÚA!!

CONTRA O AGRAVAMENTO DAS CONDICIÓNS DE VIDA DA MULLER TRABALLADORA

Pasou este 8 de marzo no medio do agravamento nas condicions de vida da muller traballadora.

No mundo laboral humillada e agredida por un trato remunerativo desigual, pola precariedade e a inestabilidade.

Relegada a tarefas pouco cualificadas.

Obxecto de acoso, tan a miudo vinculado ao seu sometimento brutal por xefes e capataces.

Na casa, nas horas que debian de estar destinadas ao descanso, exercendo (como nai, como esposa), de repositora da forza de traballo. Coidando tamén a anciáns e enferm@s, sendo como outras moitas, parte de un enorme subsistema sanitario non oficial e non remunerado.

Sendo, se cadra, recompensada polo seu esforzo con maltratos físicos e psicolóxicos da peor especie.

Como muller sen trqabllo remunerado, sometida á absoluta dependencia económica e a un xénero de escravitude que non poucas veces desemboca en violencia física e psíquica. Mal alimentada pola cultura basura que o sistema capitalista lle “obsequia”.Obsesionada por da-la talla na realizacion dun modelo irrealizable, para maior gloria da industria cosmética, etc.

II-

O neoliberalismo impón códigos de traballo que só conducen á perda dos dereitos acadados mediante durísimas e prolongadas loitas.

Ë o imperio do abaratamento de custes e do medre do beneficio…

As políticas burguesas “para a muller”, neste contexto, son meros lavados de cara, que din ofertar solucions para casi todo, non ofertándoas realmente para ningún dos problemas de fondo. Todo leva ao crecemento desmedido da taxa de lucro e á disminucion implacable dos costes estatais.

En estados como o que sofremos nós, as conquistas da muller en dereitos laborais e sociais derrúbanse como castelos de naipes no real, no efectivo.

Entrementres, créase minuciosamente unha trama aparente de medidas sociais “para a muller”. Unha intrincada selva de burós aparentemente destinados á solución dos asuntos da Muller, en abstracto, mentres se mantén a discriminación legalizada a todos os niveis. A “economía” manda.

III-

Neste contexto, non é de extrañarse a pervivencia de graves e danosos prexuicios ideolóxicos, de tipo burgués, extendidos como unha mancha de aceite a toda a sociedade.

A tradición democrática froito de duras loitas sociais a nivel mundial mingua día a día, defendida só polos sectores mais conscientes e progresistas das sociedades capitalistas.

A cuestión da muller non pode continuar a ser un téma de élites intelectuais para charlas "progres".

O debate sobre este tema, un debate aberto e honrado, é un desafío ao que a clase obreira e os povos teñen a obriga de responder con toda a batería ideolóxica revolucionaria.

Enfrentámonos nesta loita de ideas a un inimigo astuto, poderoso e implacable, con grandes recursos para o engano e a confusión.

Un inimigo que non duda en fomentar a falacia segundo a cal a muller asalariada é un competidor desleal do home no mundo do traballo remunerado.

Se a liberación total da muller traballadora é imposible sen a revolución socialista, non menos certo é que unha revolución levada a cabo sen ter feito avances enormes no terreo ideolóxico que atinxe a este tema, é unha revolución ideolóxicamente ferida de gravidade dende o seu inicio.

Algúns dos peares desta loita ideolóxica son para o PCPG os seguintes:

-Loita sen tregua pola igualdade real de dereitos, na casa, no traballo, na sociedade.

-Loita decidida pola socialización das tarefas domésticas.

-Superación real dos prexuizos sexistas a todos os niveis. Homes, mulleres e nen@s estamos, o saivamos ou non, contaminados pola ideoloxía dominante.

Compre o combate sen tregua a esa ideoloxía, tamén nese aspecto.

Combate ideolóxico permanente contra as consignas sexistas permanentemente emitidas polos medios de comunicación, centros de ensino e da igrexa.

Outro tanto no referente aos estereotipos sexistas, fondamente arraigados na sociedade.

Visibilización da historia e a cultura proletarias, revolucionarias e femininas. Vivimos inmersos nunha cultura (a oficial) feita por burgueses e para a opresión de crase e de xénero, e que como tal, é parcial, incompleta, inxusta e falaz.

Denuncia da hipocresía das institucións burguesas cando se pretenden defensoras da muller.

Denuncia dos falsos valores de obediencia, fraxilidade, e tontería no ideario católico integrista que impera. Denuncia de tódos os demáis estereotipos capitalistas. Todos eles son inválidos para a muller traballadora de hoxe.

Un novo ser humán está a abrirse paso dende o ventre da humanidade en loita. Un ser humán cuio sexo define diferencias pero non pode implicar inxustizas nin desigualdades de dereitos.

Un ser humán que baixo o signo da emancipación, definitiva quizáis,da muller traballadora, debe de estar preparad@ para superar o espolio da muller e, daquela sí, superar tamén a degradación da que o home machista é causa e víctima á vez.