DÍAS 5 E 6 DE FEBREIRO EN VIGO: SOLIDARIEDADE CON MIGUEL NICOLÁS E TELMO VARELA


Fai case 2 anos que o sistema represivo do réxime espanhol deteu e encarcerou co máximo rigor, sen xuizo e coas mínimas garantías aos sindicalistas e patriotas galegos Telmo Varela e Miguel Nicolás. 
Como estamos a ver de xeito reiterado polo sen número de detencións que aplican sobre activistas sociais, sindicalistas, independentistas ou comunistas do povo galego, os aparelhos do Estado e os medios de comunicación fixeron e fan de intoxicación sen miramentos, vulnerando direitos e presunción de inocencia e sinalando, neste caso a Miguel e Telmo, como supostos responsábeis de accións “violentas” acontecidas na bisbarra de Vigo.  Sempre a intención indisimulada de criminalizar como sexa e meter medo para evitar o contaxio de accións obreiras combativas e de clase semelhantes.
Xa dixemos cando foron detidos, “eles xa condenaron a Telmo e Miguel e dalles igual que sexan inocentes ou culpábeis, por que hai que dar un escarmento”... E así foi como sofreron desde entón unha parte terrible da súa condena, aínda non dictada  por un tribunal de xustiza, e o rigor das cadeas onde foron dispersados a centos de kilómetros das súas casas e da Nosa Terra. Un rigor que non aplican contra os patróns que despiden obreiros e obreiras, nin contra oligarcas que comandan o expolio da Nosa Terra, nin contra políticos xestores da miseria que producen; sempre corruptos ao seu servizo
Como os nosos companheiros Miguel e Telmo dín nunha carta dirixida ao povo: “os próximos dias 5 e 6 de febreiro, vamos ter que confrontar, por fin, no Xulgado do Penal 1 de Vigo, un xulgamento político, onde toda arbitrariedade exercida polo rexime -policial, xurídica, penitenciária e mediática- padecida o longo deste proceso represivo de case dous anos, materializaráse de forma descaradamente inxusta e contundente contra nós, con peticións de cadea que suman 15 anos de prisión”.
É por iso que, como dixemos no seu momento cando foron detidos, ofrecemos e chamamos á solidariedade incondicional con eles, sexa cal sexa o veredicto dese tribunal e, especialmente o noso apoio e solidariedade se fosen condenados, por suposto, con máis razón aínda.
CHAMAMOS a secundar as MOBILIZACIÓNS de apoio convocadas e a ASISTIR os próximos días 5 e 6 ás 9:30 hs da manhá, expresando diante do Xulgado do Penal número 1 de Vigo- rúa Lalín, número 4, a nosa solidariedade con eles.
A loita para resistir a ofensiva do capital e conquistar direitos como persoas, como povo e como clase é, como foi sempre, o único camiño.
TODOS E TODAS SOMOS TELMO E MIGUEL!
Adiante a nosa solidariedade con eles!
Non pode ser, obreiros nas cadeas e corruptos no poder!!
Comité Nacional do PCPG
3 de Febreiro de 2013.