24 DE MAIO: LEMBRAR MAIO DO 72

Continuando coas actividades da "Comisión Memoria do 72", o próximo venres-sexta, 24 de maio, terá lugar umha palestra no Local Social Faísca de Vigo (rúa Toledo, número 9- Bairro do Calvario) na que debateremos árredor umha das máis importantes mobilizacións acontecidas en Vigo-Galiza en 1972.

Un mes de loita exemplar e profunda solidariedade de clase, orixinado arredor do conflicto do Estaleiro Barreras e que tivo o apoio de moitos milheiros de trabalhadores e trabalhadoras dos centros fabrís mais importantes da cidade viguesa, sendo un dos referentes máis álxidos da mobilización case permanente en Vigo e comarca, así como fonte de ensinanzas daquel mítico ano de loita heroica antifranquista; reivindicativa mais tamén revolucionaria da clase obreira viguesa e galega.

Intervirán:

- ISIDRO ROMÁN (sindicalista e historiador) e os históricos dirixentes e loitadores obreiros:
- XESÚS CHAVES ("Castelao") daquela dirixente obreiro en Citröen (Organización Obreira)
- RAMÓN GONZÁLEZ ("Valentín") daquela dirixente obreiro en Barreras (Organización Obreira)
- GUILLERMO FONTÁN ("Marín") daquela dirixente obreiro en Ascón Ríos (Unión Sindical Obreira)