UGIO E XIANA XA ESTÁN LIBRES E NA SÚA TERRA

[PCPG]. Como temos informado, Xiana R. Gomes e Ugio Caamanho Sam-Tisso foron xulgados nos pasados 3 e 4 de Novembro pola “Audiencia Nacional”, acusados presuntamente de ter atentado contra unha sede de Caixa Galicia en Compostela.

Agora, ao fin, con dilixencia inusitada por parte dese organo xudicial de excepción e despois de longo tempo de incomunicación, réxime extremadanmente restrictivo nas visitas, alén de intentos de evasión do cárcere e maltrato e tortura (que teñen denunciado públicamente todos os organismos de defensa dos dereitos civis) os dous xóvenes xa están en liberdade, tres anos despois de seren presos e dispersos polas cadeas do Estado Español, sen xulgamento previo algún.

Como di o organismo antirrepresivo Ceivar a posta em liberdade destes compañeiros/as destapa a realidade dunha xustiza "que fai do estado de excepción a sua realidade cotiá, permitindo manter en réxime de secuestro legal unha persoa durante mais de tres anos".Atrás ficaron tamén moitas ducias de actos e chamamentos unitarios, asi coma accións solidarias e humanitarias de moitas persoas e organizacións galegas. Agora anúnciase un acto de recebimento popular a nivel nacional a Ugio e Xiana nos vindouros dias, para alén de recordar que os independentistas Santi Vigo e José Manuel Sanches, que permanecen en "prisom preventiva", e sen xulgar, do mesmo xeito que estivéron Ugio e Xiana durante mais de tres anos.[
Máis info]