Na foto: O entrevistado, Enrique Lister (fillo) foi catedrático da Universidade de Poitiers-Francia.
Resumo da entrevista realizada o 9 de Maio de 2007. "A Nosa Terra". Número 1.265.
[Premer nas fotos para aumentar o seu tamaño]
Resumo da entrevista realizada o 9 de Maio de 2007. "A Nosa Terra". Número 1.265.
[Premer nas fotos para aumentar o seu tamaño]
"O LEGADO DE LISTER ONDE TEN QUE ESTAR É EN GALIZA"
É unha parte pequena da súa importante historia. Estou disposto a traballar coa Xunta para tentar xuntar todo o seu legado, que aínda está bastante disperso e non totalmente catalogado. O que posuímos eu e os meus irmáns está á disposición dos galegos. Hai que ver se se restaura a súa casa, ou onde é mellor instalalo. Hai que ter en conta que o internacionalismo de Líster, o ser xenreral de catro exércitos en catro países, non lle priva de ser profundamente galeguista"

Director do
Departamento de Estudos Eslavos da Universidade francesa de Poitiers,
historiador e filólogo, Enrique Lister ten múltiplas facetas, todas elas
interesantes para ser entrevistado. Pero, nesta ocasión reproducimos un
anaco de conversa da que falamos do seu pai, o xeneral Líster, e das
vivencias ao seu carón, logo de participar nunha homenaxe que lle
ofreceron na súa terra natal.
Ser fillo de alguén cunha personalidade tan forte e tan marcada non
influíu negativamente, moi ao contrario. As relacións de fillo a pai
nunca foron conflitivas porque Líster nunca tentou impornos nada na nosa
educación. Para el non existía iso de que hai que facer, tes que
facer... El predicaba co exemplo e mostrábanos o xeito de comportarnos,
coherente e exemplar en todas as circunstancias. [Continuar a ler]